Iván Puentes repetirá como candidato do PSdeG á alcaldía de Pontevedra
Iván Puentes volverá encabezar a candidatura do Partido Socialista á alcaldía de Pontevedra nas eleccións de 2027. O actual secretario xeral e portavoz local foi proclamado de xeito unánime, despois de que a súa fora a única candidatura rexistrada. Puentes asegura que se presenta coa ilusión de poder liderar o goberno pontevedrés, nunhas eleccións que, di, chegan nun escenario profundamente aberto.
Unha nova senda une a Xunqueira da Gándara co parque forestal da Tomba
Pontevedra estrea nova senda entre a Xunqueira da Gándara e o parque da Tomba. Hoxe foi inaugurado o trazado de 1,8 quilómetros que forma parte dun proxecto do concello para poñer en valor todo o territorio periurbano do municipio. A intervención contou cun investimento de 158.000 euros.
As obras para solucionar as inundacións na rúa do Santo comezarán a vindeira semana
As obras para solucionar os asolagamentos na rúa do Santo, en Lourizán, comezarán de xeito inmediato. O concello de Pontevedra adxudicou os traballos pola vía de emerxencia, que suporán a renovación e ampliación da canalización do río dos Praceres nesta zona. A intervención, que conta con todas as autorizacións favorables, conta cun orzamento de máis de 491.000 euros e estará rematada nuns tres meses.
O Museo de Pontevedra xa expón ‘A Derradeira Leición do Mestre’, de Castelao
A Derradeira Leición do Mestre xa se expón no Museo de Pontevedra. A obra de Castelao, propiedade do Centro Galicia de Bos Aires, poderá visitarse ata o vindeiro 27 de setembro. Para a ocasión a entidade deseñou unha mostra na que a peza dialoga con fondos da colección permanente do Museo. Onte celebrouse a inauguración institucional.
Ence abre o prazo para solicitar as axudas do Plan Social, para o que...
Arranca a sétima edición do Plan Social de Ence. Dende este xoves xa se poden presentar solicitudes para optar ás axudas que se contemplan dentro desta convocatoria. Nesta convocatoria vanse mobilizar tres millóns de euros que se repartirán entre colectivos e iniciativas con base en Pontevedra, Poio e Marín. Dende a posta en marcha do Plan Social de Ence 1.700 proxectos recibiron xa o seu apoio.
Boa Vida constrúe cos veciños de Pontevedra un mapa con cabida para todos
En Pontevedra, a asociación Boa Vida saíu á rúa co gallo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. Conmemórase o 20 de xuño pero xa hoxe o colectivo convidou á cidadanía a completar entre todos un novo mapa. Con países, din, nos que todos teñamos a mesma cabida.
Concello e Deputación asinan o convenio que impulsa o inicio das obras de Rosalía...
Concello de Pontevedra e Deputación asinan o convenio que impulsa a reforma integral de Rosalía de Castro. O acordo permite adxudicar definitivamente o proxecto, co obxectivo de iniciar as obras este mesmo verán. A intervención, chamada a transformar a mobilidade peonil e a seguridade viaria no barrio de Mollavo, está orzamentada en 2,4 millóns de euros. Deles, a administración provincial achegará case 600.000 euros.
O Museo recibe ‘A derradeira leición do mestre’ e prepara a apertura da exposición...
‘A derradeira leición do mestre’, de Castelao, xa está no Museo de Pontevedra. A obra cumio do artista e galeguista foi recibida hoxe no Edificio Castelao. Aquí estará exposta dende o vindeiro 25 de xuño ata setembro, cedida polo Centro Galicia de Bos Aires, na Arxentina. Ao seu redor articularase unha ampla programación relacionada coa peza e co legado de Castelao.
Pontevedra porá banda sonora á Gran Final de Tríatlon con catorce actuacións diversas, emerxentes...
A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon volverá a Pontevedra con moito deporte e, tamén, con moita música. A cidade prepara unha programación diversa, emerxente e galega para animar as xornadas que dure a proba, que comezará o 18 de setembro. A proposta ‘Somos música’ englobará catorce concertos en diferentes puntos da cidade que culminarán coa actuación de Panorama City no Recinto Feiral.
Pontevedra inicia os traballos de renovación de 40 quilómetros de vías urbanas, rurais e...
O concello de Pontevedra inicia os traballos para renovar 40 quilómetros de vías urbanas, rurais e industriais. Xa está en marcha o maior plan de reposición de firmes da historia do municipio, que conta cun orzamento de máis de 4,4 millóns de euros. As obras, que permitirán incorporar novas medidas de seguridade viaria, comezaron esta mañá na rúa Doce de Novembro.



















