Canal Rías Baixas

O BNG de Cambados denuncia a falta de transparencia do bipartito coas contas das festas do albariño

O BNG de Cambados denuncia a falta de transparencia do bipartito coas contas das festas do albariño

CAMBADOS> O BNG denuncia falta de transparencia do goberno local cos orzamentos da festa do albariño. Segundo indican os nacionalistas, o concello non publicou as contas ata que eles a reclamaron e, ademais, o fixo de forma incompleta, eludindo o pago das taxas á Sgae. Coas contas na man, a formación galeguista tamén considera excesivo o gasto total da festa.

O BNG denunciou esta semana a falta de transparencia do goberno local cos orzamentos das festas do albariño. Os nacionalistas reclamaron unhas contas que, segundo advirten, tiñan que estar publicadas hai meses. Consideran que o goberno local as publicou grazas á súa reclamación.

Unha vez revisadas as contas, os nacionalistas advirten que o concello está deixando de lado os pagos á sgae. Uns pagos que roldarán os 20 mil euros.

Segundo explican dende o BNG, o concello tampouco pagou á Sgae o pasado ano, co que a entidade reclamará os cartos con intereses.

A formación considera esaxera o gasto das festas. Advertindo que nas festas do concello puido gastarse arredor dun millón de euros.

Dende o BNG consideran que o bipartito gobernou todo mandato sen ningún tipo de organización e previsión. Por iso, pídenlle que reflexionen e que tome medidas acordes ás necesidades de Cambados.

Exit mobile version