Canal Rías Baixas

Os xeiteiros demandan quedar excluídos do sistema de cotas

RIANXO> Rianxo acolleu a pasada tarde unha xuntanza de patróns maiores e alcaldes de Arousa para buscar solucións ó peche da pescaría. Reclaman que o xeito quede excluído do sistema de cotas. Os representantes políticos e do sector do mar acordaron, durante a xuntanza, reclamar que o xeito deixe de estar suxeito ó sistema de cotas polo seu carácter artesanal así como que a Xunta asuma as competencias na xestión das augas interiores das rías. Solicitarán ademáis, como xa propuxo a Conselleira do Mar, que se adiante parte da cota do último trimeste do ano para poder reabrir a pescaría ó longo deste mes, un dos máis rendibles ante o aumento da demanda de sardiña. Este venres reuniranse na Xumta con tódolos grupos para trasladarlle estas demandas. O BNG propoñerá tamén que se habilite unha liña de axudas para garantir as rendas dos traballadores do xeito e do racú mentres dura o peche da pescaría, naqueles casos que non teñan outra alternativa de pesca.

Exit mobile version