Canal Rías Baixas

O Museo de Pontevedra renovará a súa imaxe corporativa e vincularase ao Camiño Portugués

PONTEVEDRA> O Consello Asesor do Museo de Pontevedra mantivo esta mañá a súa primeira reunión. Un encontro satisfactorio e apaixonante para todas as partes e do que saíron grandes ideas. As principais, a de modificar a identidade visual do Museo e a de convertelo nun referente do Camiño Portugués.

Deixar atrás o pasado do Museo de Pontevedra e darlle un novo impulso. Esa foi a conclusión principal da primeira reunión do Consello Asesor. Un encontro que serviu para poñer numerosas ideas sobre a mesa e seguir avanzando cun obxectivo común.

O Museo de Pontevedra busca abrirse, aínda máis, á sociedade. E con este obxectivo claro, unha das principais ideas acordadas esta mañá polo Consello Asesor foi a de aproveitar sinerxias co Camiño Portugués.

O Consello Asesor acordou tamén crear unha nova imaxe corporativa. A cal substitúa o debuxo que se estaba utilizando ata o de agora.

Estas foron as dúas ideas principais desta reunión. Un encontro que durou 4 horas e no  que tamén se falou da rehabilitación dos edificios centrais, da creación do novo centro de arqueoloxía de Valdecorvos e da programación de 2020.

Exit mobile version