Canal Rías Baixas

Boiro acolle por primeira vez o ‘Nada e Corre’

BOIRO> Será este próximo domingo a partir das dez mañá na piscina municipal. Na actividade, organizada pola Club Natación Boiro e a Federación Galega de Triatlón, participarán uns 231 atletas pertencentes a un total de trece clubs. Será para categorías base, de prebenxamín a cadete.

Esta mañá presentábase en Boiro o ‘Nada e Corre’, unha actividade organizada polo Club natación Boiro e a Federación Galega de Triatlón, que se celebrará por primeira vez no Concello. desenvolverase a partir das dez da mañá na piscina municipal e no paseo marítimo de Barraña. Nela daranse cita uns 231 atletas pertencentes a un total de trece clubs da zona sur de Galicia. Haberá un total de cinco categorías partipantes, que irán de prebenxamín a cadete.

Dende o Concello destacaron a importancia desta proba, agradecendo ó Club Natación a súa implicación para poder realizar este evento.

Da proba deste domingo en Boiro sairán os atletas clasificados para participar na final do Campionato galego que se celebrará o trece de marzo en Ribeira, no estadio municipal da Fieiteira.

Exit mobile version