Canal Rías Baixas

Noia cancela a súa Feira Medieval

NOIA> Tampouco haberá Feira Medieval en Noia este ano. O Concello toma a decisión de cancelar esta cita festiva por mor da crise do Covid-19 e traballar xa de cara á edición do vindeiro ano.

Xa é oficial. A concellería de Cultura acordou suspender a tradicional Feira Medieval deste ano. Unha cita festiva que reúne a mediados de xullo a miles de persoas na localidade. A organización deste evento tomou esta decisión ante as dificultades de poder facer cumprir as recomendacións impostas por mor da crise do Covid-19.

O Concello xa traballa coa vista posta na edición do ano que vén, que pretende que sexa histórica ó coincidir tamén co Ano Xacobeo.

 

Exit mobile version