O Plan Único da Deputación inviste preto de dous millóns de euros en Noia
A deputada responsable de Plans da Deputación da Coruña desprazouse esta mañá ata Noia para supervisar algunhas das actuacións que se están a acometer no concello no marco do Plan Único. Cristina García anunciou a inminente aprobación dun novo POS adicional que elevará o investimento dotado con 25 millóns de euros máis para toda a provincia.
As obras de renovación de beirarrúas e servizos na rúa Galicia encaran a súa...
As obras de acondicionamento e mellora de servizos na rúa Galicia en Noia avanzan a bo ritmo. O executivo local confía en que poidan estar rematadas nos vindeiros días. A actuación, financiada integramente ca través do Plan Único da Deputación, conta cun orzamento de preto dos 50 mil euros.
Noia regulariza o seu punto limpo
O executivo noiés logra a regularización do seu punto limpo. Segundo informaron fontes municipais dáse así fin a un proceso de anos no que a instalación viña funcionando sen autorización.
Noia vén de adxudicar a mellora da eficiencia enerxética no polígono de Augalevada
O concello de Noia vén de adxudicar a obra de mellora da eficiencia enerxética da iluminación do polígono industrial de Augalevada. O investimento que se destinará a esta actuación ascende a uns 31 mil euros.
Medio Rural dá por estabilizado o incendio de Ribasieira
Controlado pero aínda activo. O incendio forestal declarado a pasada tarde na parroquia sonense de Ribasieira, supera xa as 45 hectáreas afectadas. Na súa extinción traballaron numerosos medios, tanto aéreos coma terrestres.
Noia destinará a maior parte do POS+ á mellora ambiental da Barquiña e a...
O executivo de Noia presentou as obras a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña tralo acordo acadado co grupo municipal do BNG. Entre as actuacións máis destacadas figura a automatización da planta potabilizadora de auga ou a rehabilitación da contorna do cruceiro da Barquiña.
Noia destinou máis de medio millón de euros a melloras no saneamento
O concello de Noia inviste máis de medio millón de euros na renovación da rede de saneamento e pozos de bombeo. Ademais das actuacións principais, a brigada de obras está a realizar reparacións puntuais nalgúns treitos da rede que presentaban roturas.
O conselleiro de Sanidade visita a Unidade de Condutas Aditivas de Noia
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou á Unidade de Condutas Aditivas de Noia. Alí destacou o papel deste centro que atendeu no que vai de ano a unhas 207 persoas, non só da localidade senón tamén de municipios veciños como é o caso de Lousame, o Porto do Son, Outes, Muros e Carnota.
500 deportistas daranse cita na carreira popular Noia Medieval
Cincocentos corredores daranse cita en Noia para participar na Carreira Pedestre Nocturna Medieval que alcanza xa a súa 28 edición. A proba celebra tamén o Memorial Hipólito Rey ‘Polo’, en homenaxe a un dos promotores desta lonxeva cita deportiva.
Noia celebrará o San Bartolomeu con seis días de festa para tódolos públicos
As festas do San Bartolomeu de Noia presentan un cartel para tódolos públicos con gran presenza do tecido cultural da vila. Celebraranse entre o 21 e o 26 de agosto e contarán con numerosos concertos, actividades infantís e citas tradicionais como a festa da empanada.


















