Canal Rías Baixas

Meis teme que o Sergas peche o centro médico de Paradela

Meis teme que o Sergas peche o centro médico de Paradela

MEIS> O concello de Meis denuncia a falta de información que recibe da Xunta de Galicia polo peche do centro de saúde de Paradela. O consultorio leva pechado dende o inicio do estado de alarma e dende a vila descoñecen se o Sergas o volverá a abrir. Esta situación afecta a máis de 1100 veciños.

Os veciños da parroquia de Paradela, no concello de Meis, levan dende o inicio da pandemia sen poder acudir ao seu centro médico. O Sergas pechou o consultorio debido ao que o sanitario que o atende é unha persoa de risco. Dende o concello descoñecen se o Sergas volverá a abrir o centro. Mentres tanto os veciños afectados son atendidos por teléfono ou teñen que trasladarse a Cambados.

Ante a falta de información e para respectar o protocolo de seguridade, o concello ofreceulle ao Sergas sufragar a remodelación do centro médico.

Dende o concello de Meis temen que as intencións do Sergas sexa pechar o centro médico de Paradela. Por elo o goberno local mandou un novo requirimento á consellería para que lle informen de cal é a situación actual do consultorio.

O goberno advirte ao Sergas que de non recibir respostas tomará todas as accións necesarias para defender os intereses da súa veciñanza.

Exit mobile version