Canal Rías Baixas

Rutas guiadas e viaxes ás Illas Atlánticas conforman a oferta turística de Ribeira para o verán

RIBEIRA> O concello deseñou unha ampla oferta turística para os meses de agosto e setembro. Visitas guiadas a enclaves de gran valor natural e histórico e viaxes ás Illas Atlánticas son o principal reclamo para dinamizar o sector turístico durante este verán.

A colaboración público-privada permitirá desenvolver un amplo programa de actividades turísticas en Ribeira durante os meses de agosto e setembro. Unha das actividades estrela serán as viaxes máxicas a Sálvora, tódolos mércores de agosto, xestionadas pola empresa Golfiño Xestión de Ocio en colaboración con Cruceiros de Ulla Turimares.

Ademais das Illas Atlánticas, o concello aposta en valor por outros enclaves de gran valor paisaxístico, etnográfico e patrimonial como son o parque de San Roque, o miradoiro da Pedra da Ra e o castro da Cidá nos que se desenvolverán visitas guiadas tódalas semanas. Os martes en San Roque, e os venres realizarase o percorrido entre o miradoiro e o castro.

A concellería de Xuventude súmase tamén a esta programación cunha viaxe para familias á Illa de Sálvora que se desenvolverá o domingo día 16.

Todas estas actividades constitúen un atractivo máis para elixir Ribeira como destino seguro e accesible durante este verán.

Exit mobile version