O BNG confía en recuperar a alcaldía de Ribeira con Luís Pérez Barral

Luís Pérez Barral repetirá como candidato do BNG á alcaldía de Ribeira. Esta mañá presentaba oficialmente a súa candidatura nun acto no que estivo arroupado por numerosos militantes e simpatizantes. Asistiron tamén a deputada no Parlamento, Rosana Pérez, e a voceira nacional do partido, Ana Pontón, quen amosou a súa total confianza en que o BNG recuperará a alcaldía de Ribeira o próximo 23 de maio.

O concello de Ribeira renovará a rede de abastecemento da Carroucha

O concello de Ribeira acometerá a renovación da rede de subministro de auga potable na contorna da Carroucha. Este foi o compromiso adquirido pola alcaldesa nunha recente xuntanza cos veciños deste histórico barrio.

A orquestra Sons repasará os clásicos do Nadal o 10 de xaneiro en Ribeira

A orquestra Sons volverá ofrecer un espectáculo en Ribeira durante o Nadal. Será o 10 de xaneiro cando suban á escena acompañados por outros músicos convidados para ofrecer ós asistentes un repertorio que combina clásicos do Nadal.

Goberno e oposición fan balance un ano despois da moción de censura en Ribeira

Un ano despois da súa toma de posesión trala moción de censura, a alcaldesa de Ribeira fixo balance da súa xestión. Acompañada do voceiro dos seus socio de goberno repasaron algúns dos proxectos que conseguiron sacar adiante ó longo destes meses así como as políticas desenvolvidas para mellorar a calidade de vida dos ribeirenses.

‘Adestrar sen pantallas’, o deporte como base para previr as adicións aos móbiles

Nace ‘Adestrar sen pantallas’. Trátase dunha nova experiencia da Fundación Galega contra o Narcotráfico que busca promover o uso saudable da tecnoloxía entre a mocidade. O obxectivo é previr posibles adicións vinculadas á internet, aos móbiles, ás redes sociais ou ás apostas. O programa vaise desenvolver en tres localidades da nosa contorna: Vilagarcía, Cambados e Ribeira. En cada municipio, a fundación conta coa complicidade de clubes deportivos e dos seus adestradores, encargados de promover dende o deporte un uso máis responsable das novas tecnoloxías.

O cambio de localización da residencia de Ribeira segue a enfrontar a goberno e...

Tenso pleno o vivido este xoves en Ribeira. A oposición esixiulle ó goberno explicacións sobre o cambio de criterio para emprazar a futura residencia nunha parcela entre Cruxeiras e San Roque, desbotando definitivamente o proxecto das Saíñas. Dende o executivo aclararon que a busca do novo emprazamento realizouse trala modificación da normativa para a construción de edificios públicos en zonas potencialmente inundables.

O auditorio de Ribeira convértese en residencia artística de Píscore Teatro

O auditorio de Ribeira acolle ata o 9 de outubro a residencia artística de Píscore Teatro. Os actores ultimarán estes días a posta en escena da súa última montaxe ‘Comed(IA)’ que se estreará o venres no marco da Mostra de Teatro Municipal.

Ribeira dá un novo paso para a apertura do concello coa licitación de parte...

O concello de Ribeira vén de sacar a licitación parte do mobiliario da casa consistorial co obxectivo de poder abrir canto antes a instalación. Licitouse tamén o alumeado exterior da praza onde veñen de finalizar as obras de accesibilidade en toda a contorna.

Ribeira promove a integración a través da inmersión lingüística

Ribeira volve apostar pola promoción da lingua galega a través dunha nova convocatoria de cursos de iniciación. Impartiranse durante o mes de outubro da na casa da Xuventude e están dirixidas a persoas que se achegan por primeira vez á lingua, sen ningún coñecemento previo.

Ribeira avanza na xestión sostible de residuos

Ribeira aposta pola sostibilidade na xestión de residuos a través de novos contratos que permitirán avanzar na recollida separativa e na reciclaxe. Ademais do reparto de composteiros domésticos, realizarase unha campaña para a xestión do residuo téxtil e habilitarase un punto limpo de proximidade.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete