Canal Rías Baixas

Noia licita a mellora da seguridade na travesía do Obre

NOIA> En proceso de licitación se atopa a mellora da seguridade viaria na travesía do Obre, que conecta Noia con Porto do Son. As obras, por valor de 100 mil euros, contemplan a construción dunha beirarrúa na marxe dereita que favoreza o tránsito de peóns nunha zona que rexistra gran densidade de tráfico.

Trátase dunha das principais vías de entrada ó casco urbano de Noia posto que a travesía do Obre dá acceso á maior parte das praias da zona e conecta coa veciña localidade de Porto do Son.  Para incrementar a seguridade de condutores e peóns e garantir a accesibilidade en toda a zona, construirase unha nova beirarrúa na marxe dereita.

Esta obra virá complementar outras actuacións previstas na parroquia que darán resposta ás demandas dos veciños da zona.

Exit mobile version