Reabre a piscina municipal de Noia despois de melloras por valor duns 70 mil...
A piscina municipal de Noia volve estar operativa despois de varios meses de obras. O Concello reabriu onte mércores a instalación tras realizar nela diferentes actuacións de renovación e mantemento.
O BNG de Outes demanda ó goberno a posta en servizo da vivenda pública...
O BNG de Outes demanda ó goberno que poña en marcha a vivenda municipal da antiga escola do Bosque. O anterior executivo deixou acondicionada e con mobiliario a instalación para o seu alugueiro pero cincocentos días despois segue baleira.
O concello de Noia desenvolve un plan de mellora dos parques infantís
O concello de Noia avanza na mellora dos espazos públicos do municipio cun plan de rehabilitación de parques infantís. As actuacións, coa reforma integral do parque da alameda como proxecto principal, superan os cen mil euros.
O Plan Único da Deputación inviste preto de dous millóns de euros en Noia
A deputada responsable de Plans da Deputación da Coruña desprazouse esta mañá ata Noia para supervisar algunhas das actuacións que se están a acometer no concello no marco do Plan Único. Cristina García anunciou a inminente aprobación dun novo POS adicional que elevará o investimento dotado con 25 millóns de euros máis para toda a provincia.
As obras de renovación de beirarrúas e servizos na rúa Galicia encaran a súa...
As obras de acondicionamento e mellora de servizos na rúa Galicia en Noia avanzan a bo ritmo. O executivo local confía en que poidan estar rematadas nos vindeiros días. A actuación, financiada integramente ca través do Plan Único da Deputación, conta cun orzamento de preto dos 50 mil euros.
A Deputación da Coruña exporta o modelo dos seus centros de transformación alimentaria
A Deputación da Coruña exporta o seu modelo de centros de transformación alimentaria. Un grupo da Universidade de Harvard está a realizar un estudo sobre a sostibilidade económica destes espazos colaborativos destinados a pequenos produtores.
Noia regulariza o seu punto limpo
O executivo noiés logra a regularización do seu punto limpo. Segundo informaron fontes municipais dáse así fin a un proceso de anos no que a instalación viña funcionando sen autorización.
Noia vén de adxudicar a mellora da eficiencia enerxética no polígono de Augalevada
O concello de Noia vén de adxudicar a obra de mellora da eficiencia enerxética da iluminación do polígono industrial de Augalevada. O investimento que se destinará a esta actuación ascende a uns 31 mil euros.
Medio Rural dá por estabilizado o incendio de Ribasieira
Controlado pero aínda activo. O incendio forestal declarado a pasada tarde na parroquia sonense de Ribasieira, supera xa as 45 hectáreas afectadas. Na súa extinción traballaron numerosos medios, tanto aéreos coma terrestres.
As obras de reconstrución do pavillón do IES do Porto do Son encaran a...
O xefe territorial de Educación, Santiago Freire, e o alcalde do Porto do Son, Luís Oujo, visitaron esta mañá as instalacións do instituto da localidade para comprobar o avance das obras de reconstrución do pavillón polideportivo, que xa encaran a súa recta final. A actuación, impulsada pola consellería de Educación, conta cun orzamento duns 267 mil euros.


















