Canal Rías Baixas

O BNG pídelle á Xunta a modificación do proxecto de restauración da Ponte Nafonso

OUTES> Os nacionalistas avogan pola reposición do peitoril de pedra orixinal e unha actuación integral na súa contorna.

Coincientes da necesidade de levar a cabo a restauración da ponte, unha actuación  que eles mesmos viñan demandando dende hai tempo, debido ó estado de abandono no que se atopaba esta infraestrutura, entenden que é primordial que se modifique o proxecto presentado dende a Xunta.

Nesta mesma liña insiste o historiador Xan Mariño, que avoga por repoñer o peitoril de pedra histórico que foi retirado no século XIX para ensanchar a ponte.

Dende o BNG pídese tamén que a Administración Autonómica, xunto cos executivos que comparten esta ponte, tanto o de Noia coma o de Outes, leven a cabo unha reforma integral deste espazo, incluíndo o arranxo das estradas que conectan a ponte coa AC-550.

Exit mobile version