O concello de Outes recupera a concesión do náutico do Freixo
A Conselleira do Mar visitou esta mañá o edificio de Usos Náuticos do porto do Freixo en Outes. O concello vén de recuperar a concesión desta instalación e traballa xa na busca de financiamento para a súa posta a punto.
A Xunta inviste uns 400 mil euros na mellora do firme na AC-196 ó...
A Delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaba esta mañá Outes para supervisar as obras de reforzo que se están a evar a cabo actualmente na estrada AC-196 ó seu paso pola localidade. A actuación conta cun orzamento de preto dos 400 mil euros.
A Xunta inviste 20 mil euros na eliminación das filtracións no centro de día...
A Xunta de Galicia, a través do Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar, está a realizar diversas obras de mellora no centro de día de Outes. As actuacións, cun orzamento de preto dos 20 mil euros, teñen coma principal finalidade poñer fin ós problemas de filtracións que dende hai anos padece o edificio, con accións tanto na terraza coma na fachada posterior.
A Xunta mellorará os equipamentos da piscina municipal de Outes
A Xunta mellorará os equipamentos da piscina municipal de Outes. Esta mañá o conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde da localidade, Fran Calo, asinaban o convenio de colaboración que permitirá realizar as actuacións, cun investimento duns 73 mil euros, dos que a Xunta aportará o 90%.
A conselleira do Mar participa en Outes na presentación do proxecto SeaLabHaus
A conselleira do Mar participou esta mañá en Outes na presentación do Laboratorio Atlántico do Mar, o SeaLabHaus. O proxecto busca integrar a arquitectura, o patrimonio, a cultura e o turismo do mar, promovendo un deseño funcional e moderno que sexa accesible a todos.
Outes acollerá en agosto o I Master Nacional de Futbolín A Riola
Outes acollerá os días 1, 2 e 3 de agosto a primeira edición do Master Nacional de Futbolín. O torneo está organizado pola asociación A Riola, en colaboración co Concello, e nel agárdase unha participación dunhas 130 parellas chegadas dende diferentes localidades galegas e tamén do resto do ámbito nacional.
O BNG aposta pola formación para garantir o relevo xeracional nos estaleiros
O BNG levará ó Parlamento Galego a necesidade de incrementar a oferta formativa no eido da carpintería de ribeira para garantir a remuda xeracional do sector. Así o anunciou a súa voceira nacional. Ana Pontón, nunha visita realizada esta mañá ós estaleiros Lago Abeijón en Outes.
Franciso Calo ultima o reparto das áreas do novo goberno de Outes
Dúas semanas despois de converterse en alcalde de Outes, Francisco Calo está a ultimar a estrutura do novo goberno. Entre os seus principais obxectivos a curto prazo destaca a atención ás necesidades veciñais e a elaboración dos orzamentos.
Medio Rural destina 140 mil euros á mellora de camiños rurais en Outes
A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou o concello de Outes para coñecer algunhas das actuacións nos camiños rurais desenvolvidas no municipio. A Xunta destinou 140 mil euros para a mellora destas vías na convocatoria bianual de axudas de Medio Rural.
Francisco Calo convértese no novo alcalde de Outes tras prosperar a moción de censura
Francisco Calo é o novo alcalde de Outes tras prosperar a moción de censura contra o xa ex rexedor Manuel González. No pleno celebrado esta mañá vivíronse momentos de gran tensión, especialmente durante a intervención de Tono Caamaño.


















