Canal Rías Baixas

A segunda mesa de diálogo polo futuro de ENCE será este venres en Pontevedra

PONTEVEDRA> A segunda reunión da Mesa de Diálogo sobre o futuro de ENCE será, finalmente, en Pontevedra. O encontro celebrarase ás 11 da mañá deste venres 10 de setembro na Subdelegación do Goberno. Empresa, traballadores, Xunta, concello pontevedrés e Ministerio para a Transición Ecolóxica asistirán. O que aínda non está confirmado é se o Goberno Central estará representado pola titular do ministerio, Teresa Ribera.

Pontevedra será o escenario do novo encontro para buscar solucións ao futuro de ENCE. A Mesa de diálogo reuniranse por segunda vez na subdelegación do goberno na cidade. Será ás 11 da mañá deste venres 10 de setembro.

Dende o goberno pontevedrés recordan a postura que a Xunta transmitiu a semana pasada aos traballadores, que pasa por unha modificación xudicial que permita a ENCE manterse na súa ubicación actual en Lourizán. Algo que, segundo unha sentenza da Audiencia Nacional, non é posible.

O executivo fixo tamén un chamamento a Partido Popular e empresa para que contribúan a que a reunión transcorra sen incidentes ou mobilizacións violentas.

O concello estará representado polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Tamén asistirán representantes da empresa e dos seus traballadores, da Xunta de Galicia e do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Non se sabe aínda se por parte do Goberno Central estará a titular do departamento, Teresa Ribera.

Exit mobile version