Canal Rías Baixas

Vilagarcía agarda unha gran participación nos 27º ddeportes minoritarios Special Olympics Galicia

Vilagarcía agarda unha gran participación nos 27º ddeportes minoritarios Special Olympics Galicia

VILAGARCIA> Vilagarcía acollerá os vixésimo sétimos xogos autonómicos de deportes minoritarios Special Olympic. Nesta edición participarán 11 colectivos de persoas con diversidade funcional e competirán máis de 100 deportistas. Os xogos disputaranse o sábado 5 no complexo deportivo municipal de Fontecarmoa.

O concello de Vilagarcía volverá ser a sede dos xogos autonómicos de deportes minoritarios Special Olympics Galicia. Unha competición que permite promocionar o deporte e actividade das persoas con discapacidade funcional. As probas divídense en competicións individuais e probas psicomotrices.

Despois dun ano condicionado pola pandemia, nesta vixésimo sétima edición, a competición recupera a súa gran participación.

A competición está organizada pola asociación Con Eles coa colaboración doutras administracións como o Concello e a Deputación. As probas terán lugar o sábado cinco no complexo municipal de Fontecarmoa.

Esta non será a única competición que acolla o concello de Vilagarcía, xa que o vindeiro mes de outubro terá lugar na vila a marcha ciclista Special Olympics. Ademais, os organizadores tamén celebrarán unha etapa do camiño no que xa se anotaron 800 persoas.

Exit mobile version