Canal Rías Baixas

Deixarás de empregar a máscara en interiores en canto se poida?

VILAGARCÍA> Levamos dous anos téndoa que usar si ou si. Pero logo da Semana Santa, a máscara no interior deixará de ser obrigatoria en espazos como tendas ou cafeterías. Para moitos, trátase dunha boa nova, tan agardada como acertada. Outros, pola contra, teñen medo a poder colle-lo virus, polo que van seguir usándoa.

A moitos non lles dá chegado o momento de poder vivir sen a máscara. Pero a fin do seu uso en interiores está moi preto: a partir do día 20 deste mes poderemos estar en espazos pechados, como este, sen o cubrebocas. Unha decisión, para moitos, acertada e agardada.

Con todo, hai quen recoñece non estar preparado para esquecerse da máscara. Despois de dous anos de pandemia, o medo e o factor psicolóxico de sentirse desprotexido tamén callou na sociedade.

Nun par de semanas esta imaxes, gravadas no centro comercial Arousa, é moi probable que pasen por fin á historia. Poderemos acceder ás tendas ou aos bares sen máscara. Na hostalería, con todo, moitos profesionais seguirán empregándoa, como deferencia ao cliente. É o caso desta camareira.

E ante o novo escenario, haberá  unha nova vaga ou incrementaranse moito os casos? Na rúa, a xente confía en que non sexa así, grazas ás vacinas e á responsabilidade de cadaquén.

A máscara si continuará sendo obrigatoria dentro dos centros sanitarios ou sociosanitarios e tamén no transporte. No resto dos casos, a decisión xa quedará nas nosas mans.

Exit mobile version