Canal Rías Baixas

Muros acolle unha exposición de lixo mariño convertido en arte

MUROS> A fábrica de Sel, en Muros, acolle ó longo deste mes a exposición ‘Artcycling co lixo do Mar’, elaborada con refugallos recollidos na costa. Enmárcase no Plan Mar Limpo da Consellería do Mar no que colaboran as confrarías de Muros e O Pindo.

A mostra que xa se pode visitara  na antiga fábrica de Sel forma parte do proxecto de recollida de lixo mariño impulsado polas confrarías de Muros e do Pindo, ó abeiro do Plan Mar Limpo da Xunta.

A exposición está formada por pezas elaboradas pola asociación Mar de Fábula a partir de refugallos recollidos na costa polos mariscadores de ámbalas dúas entidades. Poderá visitarse na sala muradá ata finais de xullo en horario de mañá.

Exit mobile version