Mar executará diversas actuacións portuarias en Muros por valor de máis de 800 mil...
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, anuncia investimentos en infraestruturas portuarias en Muros por un importe de máis dos 800 mil euros. Entre as actuacións presentadas figura a reconstrución dun tramo de peirao na dársena interior do peirao muradán e a mellora da rampla no porto de Esteiro.
Investigadas sete persoas por unha presunta estafa a unha veciña de Muros
A Garda Civil investigou a un total de sete persoas como presuntas dun delito de estafa e outro de usurpación de estado civil a raíz da denuncia formulada no cuartel de Muros por unha veciña da localidade. Os feitos remóntanse xa ao mes de setembro, data na que se presentou a denuncia.
Villares anuncia novas axudas para equipamentos portuarios por valor duns 9 millóns de euros
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitaba esta mañá Muros para comprobar a execución dos investimentos realizados na lonxa da localidade ó abeiro da convocatoria de axudas para equipamentos portuarios do pasado ano 2024. O pósito muradán beneficiouse desta liña de axudas para a adquisición dunha carretilla elevadora, unha nova máquina de xeo, novos equipos de pesaxe e tamén unha fregadora aspiradora. Todo por un investimento total que superou os 360 mil euros.
Un muradán entre os investigados no marco da operación Armurart
A Garda Civil investigou a un muradán no marco da operación Amurart. Ó parecer está relacionado coa banda criminal dedicada ó recrutamento de mulas económicas para estafas a través da internet. O operativo saldouse coa detención na Coruña dun total de tres persoas.
Muros homenaxea ás mulleres que forman parte da súa historia
Este mediodía inaugurábase en Muros a exposición ‘Ruando: un percorrido pola memoria das mulleres que construíron Muros’. O proxecto, levado a cabo pola promotora i-Radia Crea, está impulsado polo Concello e a área de Igualdade da Deputación da Coruña.
As embarcacións tradicionais cobran especial protagonismo no ‘Muros Mira ó Mar’
Muros celebrou esta fin de semana a decimo novena edición das Xornadas de Cultura Mariñeira. As embarcacións tradicionais centraron boa parte da programación que puxo en valor o gran patrimonio marítimo desta vila e de toda a comarca.
Muros amplía o cartel das festas de San Pedro coa celebración do Orgullo LGTBI
O concello de Muros pon en marcha unha campaña para a celebración do orgullo. Coincidindo co comezo das súas festas patronais organizarán diversas actividades como unha festa holi, actuacións musicais e o acto institucional coa lectura dun manifesto.
Detido o presunto autor de varios roubos en vehículos e vivendas de Muros
MUROS> A Garda Civil de Muros detivo ó presunto autor de varios roubos en vehículos e segundas vivendas cometidos na localidade. Impútanselle dous delitos...
Ana Pontón esixe a comparecencia de Alfonso Rueda no Parlamento para dar conta da...
MUROS> A voceira nacional do BNG urxe ao presidente da Xunta a que compareza no Parlamento Galego para que dea explicacións sobre como se...
Os concellos afectados reclaman máis medios para a retirada das bolas de plástico
MUROS> O BNG esixirá explicacións ó Ministerio para a Transición Ecolóxica. Os nacionalistas presentaron unha iniciativa no Congreso demandando medidas para frear o que...

















