Preocupación no sector bateeiro polo peche do 80% dos polígonos das rías galegas
Preocupación polo avance imparable da toxina en todas as Rías Baixas. Nestes momentos as rías de Pontevedra e Muros-Noia atópanse totalmente clausuradas, así como boa parte da de Arousa. En concreto, están pechados 41 dos 52 polígonos das rías.
Pasan a disposición xudicial os tres detidos relacionados co alixo de droga na Pobra
Este mediodía pasaban a disposición xudicial no Xulgado de Muros os tres únicos detidos, polo de agora, pola descarga de cocaína desta pasada fin de semana na Pobra. Tres varóns de nacionalidade colombiana que ó parecer están detrás da chegada da cocaína dende Sudamérica ás nosas costas.
Muros mobilízase para esixir máis pediatras
Uns 300 veciños concentráronse este sábado no Curro da Praza de Muros para demandar a incorporación dun pediatra. Levan máis dun ano cun profesional de baixa e tan só un médico en activo, compartido co concello de Carnota.
O concello de Muros esixe a Sanidade a incorporación dun pediatra para normalizar o...
O Curro da praza de Muros acollerá este sábado unha concentración para demandar a incorporación dun pediatra. O SERGAS leva un ano sen cubrir a baixa de longa duración dun dos médicos polo que o servizo conta tan só cun facultativo compartido con CArnota.
Muros demanda a cobertura das dúas prazas do servizo de pediatría
O concello de Muros demanda unha solución urxente ás carencias que presenta o servizo de pediatría. Na actualidade contan con tan só un especialista compartido co centro de saúde de Carnota.
Mar executará diversas actuacións portuarias en Muros por valor de máis de 800 mil...
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, anuncia investimentos en infraestruturas portuarias en Muros por un importe de máis dos 800 mil euros. Entre as actuacións presentadas figura a reconstrución dun tramo de peirao na dársena interior do peirao muradán e a mellora da rampla no porto de Esteiro.
Investigadas sete persoas por unha presunta estafa a unha veciña de Muros
A Garda Civil investigou a un total de sete persoas como presuntas dun delito de estafa e outro de usurpación de estado civil a raíz da denuncia formulada no cuartel de Muros por unha veciña da localidade. Os feitos remóntanse xa ao mes de setembro, data na que se presentou a denuncia.
A Ría da Estrela presenta o catálogo de peregrinacións marítimas en Fitur
A Ría da Estrela presentou en Fitur as novidades da súa oferta turística baseada este ano no seu primeiro catálogo de peregrinacións marítimas a través da ría de Muros e Noia. Aproveitou a súa presenza na feira para presentar tamén o primeiro itinerario cultural e paisaxístico circular, tomando coma referencia dúas rutas xacobeas, o Camiño de Fisterra-Muxía e o Camiño da Ría de Muros-Noia.
A Ría da Estrela escolleu Fitur, a feira internacional de turismo más importante por volume de participantes e asistentes, para presentar as principais novidades da súa oferta turística para este 2025. O alcalde de Noia, Santiago Freire, que vén de asumir cargo de presidente da entidade en substitución da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, foi o encargado de presentar o xeodestino, vinculado ó Camiño de Santiago. A primeira das propostas, o primeiro primeiro catálogo de peregrinacións marítimas a través da Ría de Muros Noia, que ofrece a posibilidade de facer a ruta navegando de tres formas distintas
A Deputación da Coruña presume en Fitur da vía verde máis longa de Galicia
A Deputación da Coruña participou este ano en Fitur centrando a súa campaña deste ano na gastronomía e no deporte. Neste aspecto, aproveitaron para presentar a primeira vía verde coa que conta a provincia.
Villares anuncia novas axudas para equipamentos portuarios por valor duns 9 millóns de euros
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitaba esta mañá Muros para comprobar a execución dos investimentos realizados na lonxa da localidade ó abeiro da convocatoria de axudas para equipamentos portuarios do pasado ano 2024. O pósito muradán beneficiouse desta liña de axudas para a adquisición dunha carretilla elevadora, unha nova máquina de xeo, novos equipos de pesaxe e tamén unha fregadora aspiradora. Todo por un investimento total que superou os 360 mil euros.
















