Canal Rías Baixas

Uns 125 nadadores disputarán o luns a XXVII Travesía Praia de Coroso

RIBEIRA> Organizada polo Club Natación Ribeira, en colaboración co Federación Galega de Natación, e o Concello, este vindeiro luns, 15 de agosto, terá lugar a XXVII edición da Travesía a Nado Praia de Coroso.

A cita será ademais puntuable  para o Circuíto Galego de Augas Abertas da Federación Galega de Natación.

A proba, na que se agarda unha participaión próxima ós 125 nadadores, incluirá dinstintas categorías e distancias en función das idades.

Como en edicións anteriores, a travesía servirá tamén de homenaxe a dous excompoñentes do Club, Jesús e Vicente, xa falecidos.

Dende a organización quixeron tamén agradecer o apoio das distintas empresas e casas comerciais que colaboran coa proba.

Exit mobile version