Canal Rías Baixas

Veciños Independentes da Pobra reclama a mellora da estrada do Lagar

A POBRA> Veciños Independentes da Pobra denuncia o mal estado do acceso á urbanización do Lagar. Piden ó concello que acometa o mantemento dunha das zonas máis transitadas de todo o municipio.

Xa en setembro do pasado ano, Veciños Independentes da Pobra presentaban un escrito no concello alertando do mal estado da estrada que dá acceso á urbanización O Lagar. Case un ano despois a situación segue igual polo que non se ten acometido ningunha actuación en profundidade nunha das zonas máis transitadas do concello.

Piden que, de ser o caso, o concello execute a partida orzamentaria para o mantemento da vía ou, no caso de non dispoñer dela, que habilite os fondos necesarios para este fin.

Dende a formación independente consideran que non se trata dun caso puntual xa que botan en falla un mellor mantemento das estradas do termo municipal.

Exit mobile version