Nós Pobra esixe a José Carlos Vidal que entregue a acta de concelleiro e...
A designación dos novos candidatos abre un novo escenario político que xa xerou as primeiras reaccións do resto de actores implicados. Nós Pobra esíxelle a José Carlos Vidal a entrega inmediata da acta de concelleiro e a renuncia á alcaldía.
Congalsa presenta en Conxemar 2026 as súas novidades para a hostalería e a restauración
Congalsa, empresa especializada na elaboración de todo tipo de produtos conxelados a base de peixe e marisco e pratos precociñados, está un ano máis presente en Conxemar, a feira internacional do sector que se celebra estes días no recinto feiral de Ifevi, en Vigo. A firma, con sede na Pobra, acudiu á Conxemar cun espazo propio, duns cen metros cadrados de superficie, para ofrecer as últimas novidades nas súas diferentes marcas propias orientadas ó canal HORECA, a través da súa campaña ‘O mellor está por vir’.
O Xantar de Confraternidade da Pobra reunirá a 750 persoas o 30 de outubro
750 persoas participarán no Xantar de Confraternidade da Pobra que se celebrará o 30 de outubro no pavillón de Venecia. As entradas, a un prezo de 18 euros, poderán adquirirse dende o próximo luns na casa do concello. Terán prioridade as persoas empadroadas no concello.
As festas da Mercé conmemoran este ano o 25 aniversario da nova capela
A Pobra celebrará mañá unha das súas festas máis tradicionais. A romaría da Mercé congregará a centos de devotos ó redor da capela que celebra este ano o 25 aniversario da súa inauguración. Os actos estarán presididos polo arcebispo emérito de Madrid, Antonio Maria Rouco Varela.
A procesión do Divino Nazareno ateigou as rúas da Pobra
Multitude de devotos ó Divino Nazareno tomaron parte este pasado domingo na procesión que percorre cada terceiro domingo de setembro as rúas da Pobra do Caramiñal.
O Museo Valle-Inclán expón unha maqueta do Santa Isabel
O Museo Valle-Inclán da Pobra acollerá ata principios de outubro unha maqueta do Santa Isabel, elaborada por José Antonio Barreiros.
O Taller Alecrín ofrecerá actividades de baile para tódalas idades na Pobra
A Pobra volverá apostar polo baile da man do Taller Alecrín que programou diversos actividades e cursos para a tempada 2026-2027. Haberá obradoiros tódolos venres pola tarde no colexio de Bandaseca tanto de baile individual como para parellas.
A Milla Urbana Nocturna inaugura o programa deportivo do Nazareno
Ademais do pregón inaugural, A Pobra dará a benvida ás festas do Nazareno con deporte. O venres terá lugar a Milla Urbana Nocturna, nunha xornada que arrancará co Open Integrado de Tenis de Mesa organizado por ADECO-DEA.
Convocado o IX Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro
O concello da Pobra convoca a novena edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Mantense a dotación económica de tres mil euros para o gañador xunto coa publicación da novela na colección Árbore de Editorial Galaxia.
A Pobra afondará no seu pasado cunha nova edición das xornadas ‘A Pobra no...
A Pobra volverá poñer en valor a súa historia e patrimonio cunha nova edición das xornadas ‘A Pobra no Tempo’ que se desenvolverán entre o 26 e o 27 de setembro. Ademais de conferencias e mesas redondas, o programa inclúe unha saída polo litoral do Xobre.


















