Canal Rías Baixas

Outes recuperará o cauce do Río Tines grazas a colaboración da Fundación Biodiversidade

OUTES> Outes será escenario dun ambicioso proxecto para a renaturalización do cauce do río Tines ó seu paso pola Serra. Está financiado pola Fundación Biodiversidade e conta coa participación das tres universidades galegas.

O proxecto presentado polo concello de Outes para renaturalizar o cauce urbano do río Tines e mellorar a súa integración medioambiental e urbanística resultou beneficiario dunha axuda da Fundación Biodiversidade.

O proxecto, cun financiamento próximo ós 900 mil euros, inclúe actividades divulgativas así como accións concretas sobre o cauce do río como a retirada de especies invasoras.

A principios de novembro celebrarase unha reunión de traballo en Madrid para concretar algúns dos aspectos do proxecto que dará comezo nas próximas semanas.

Exit mobile version