Canal Rías Baixas

O Gran Montecelo sumará 900 prazas de aparcadoiro nun parking de pago con ‘prezos competitivos’

PONTEVEDRA> As obras do Gran Montecelo avanzan a bo ritmo. O presidente da Xunta visitou esta mañá os traballos que, polo de momento, cumpren as previsións. De feito calcúlase que a estrutura do novo hospital estará lista antes de rematar a primavera. Ademais, Alfonso Rueda anunciou que pronto sacarán a licitación o proxecto para construir o aparcadoiro. Xestionarao unha empresa privada e ofrecerá 900 prazas.

Avanzan sen sorpresas as obras do Gran Montecelo. A día de hoxe xa está executado o 80% da estrutura do novo hospital e as previsións é que estea rematada antes de finais desta primavera. Será o equipamento máis importante da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

O Gran Montecelo contará con 720 camas, 162 postos no hospital de dia, 117 en urxencias, 20 quirófanos e 280 consultas. Tamén permitirá ofertar novos servizos, como UCI pediátrica, Medicina Nuclear e Radioterapia.

A intención é que o novo hospital estea operativo a mediados do 2024. Hoxe o presidente da Xunta anunciou que pronto sacarán a licitación o proxecto de construción do novo aparcadoiro. Finalmente non será soterrado e achegará 900 novas prazas.

Segundo Rueda, manterase o actual aparcadoiro público e habilitarase un novo de 128 prazas fronte ao novo servizo de Urxencias.

Exit mobile version