Canal Rías Baixas

Ribadumia prepárase para unha festa do viño tinto que busca regularizar a súa comercialización

Ribadumia prepárase para unha festa do viño tinto que busca regularizar a súa comercialización

RIBADUMIA> Ribadumia prepárase para a 50 edición da festa do viño tinto do Salnés de Barrantes. Unha edición que ten como obxectivo poñer en valor este caldo para buscar que as administracións competentes regularicen a súa comercialización. Do 1 ao 4 de xuño a festa contará coas actuacións do Combo Dominicano, Treixadura e Panorama entre outras. Ademais da cata concurso e 14 stands para poder probar os viños de diferentes adegas.

Ribadumia e a comisión de festas organizadora teñen todo listo para a celebración da 50 edición das festas do viño tinto do Salnés de Barrante. Unha edición especial que contará cunha programación completa pero sobre todo cun obxectivo, poñer en valor o viño para que as administracións competentes regularicen a súa comercialización.

A festa celebrarase do 1 ao 4 de xuño, pero as actividades xa comezaron hai tempo. A semana pasada tivo lugar a primeira edición dun exitoso concurso de tapas e a principio do mes tivo lugar a precata do concurso do viño tinto. Cun récord de participación 16 viños pasaron á precata final e 12 accederán á final.

En canto ás variedades autóctonas presentáronse 31 viños e tamén 12 pasaron ao final. Algún destes caldos poderán degustarse nos stands da festa.

A música será outra parte importante da festa con actuacións de orquestras e grupos como o Combo Dominicano, Treixadura e Panorama. Do pregón encargarase Luís Zahera. A festa contará cun amplo dispositivo de seguridade e un punto morado cos que colaborarán diferentes negocios da vila.

Exit mobile version