A Xunta lanzará este ano a nova estratexia galega contra o desperdicio alimentario

A Xunta porá en marcha antes de que remate este ano a nova estratexia de prevención contra o desperdicio alimentario. A iniciativa incluirá un manifesto contra o desperdicio ao que poderán adherirse empresas, que contarán cun selo de garantía. Unha das que optan a facerse con este distintivo é Kiwi Atlántico. A empresa asentada en Ribadumia está a desenvolver un proxecto para o aproveitamento de produtos coa súa transformación en snakcs saudables.

14 adegas ofrecen os seus mellores viños na Festa do Tinto do Sanés en...

Ribadumia xa goza da Festa do Tinto do Salnés. Este venres tivo lugar a inauguración oficial da LIII edición , na que 14 adegas ofrecen os seus mellores viños. Pola carpa instalada no centro de Barrantes xa pasaron centos e centos de persoas. Agárdase unha edición multitudinaria grazas ao bo tempo e as temperaturas agradables que se prevén para esta fin de semana. Este sábado celebrarase o día grande, co xantar de confraternidade, a investidura dos valedores do viño e a gran cata final do concurso.

90 equipos participarán na sexta edición da Copa Ribadumia

Os partidos da cetegoría infantil disputaranse os días 12, 13 e 14 deste mes, mentres que os benxamíns competirán os días 19, 20 e 21. O torneo traerá ata Ribadumia combinados de todas partes de España, pero tamén terá unha destacada presenza internacional. Este ano estréase México, coa participación da selección da Copa de Aguascalientes. En conxunto, agárdase que a copa reúna no municipio máis de 5.000 persoas.

Ribadumia presume de viño e tradición na LIII Festa do Tinto do Salnés

Ribadumia conta os días para a LIII Festa do Tinto do Salnés. A cita será do catro ao sete de xuño co viño e a gastronomía como principais ingredientes, pero cunha gran programación paralela, con multitude de propostas musicais. Este venres tivo lugar a xa habitual presentación oficial nunha das adegas. O pregón correrá a cargo este ano de Leti da Taberna. Ademais, de forma paralela, continúan as catas dos viños que chegarán á gran final.

Ribadumia sitúase no mapa internacional do deporte grazas ao Arousa Fútbol 7

Balance máis que positivo do concello de Ribadumia sobre a última edición do Arousa Fútbol 7 celebrada no municipio. O torneo trouxo ata Ribadumia a milleiros de persoas, atraídas polo mellor fútbol base internacional. O campo da Senra converteuse nunha auténtica festa coa gran final entre O Porto e o Valencia. Os portugueses acabaron facéndose co título por segundo ano consecutivo.

A andaina solidaria do Tinto, en Ribadumia, recadará fondos este ano para Bata

A novena edición da andaina solidaria do Tinto, en Ribadumia, recadará fondos este ano para Bata. A iniciativa vai ter lugar o vindeiro 7 de xuño. Na organización agardan contar cuns 200 participantes, que contribúen na parte solidaria achegando a vontade. A andaina terá un percorrido duns oito quilómetros, facendo un completo percorrido natural pola localidade.

O Salnés pon o foco na desestacionalización turística cun foro especializado

A Mancomunidade organiza o vindeiro luns en Sanxenxo un foro centrado na estratexia a seguir para seguir atraendo visitantes á comarca fóra da tempada alta. O programa inclúe catro mesas con temáticas clave para O Salnés: Xacobeo 2027, Turismo Deportivo, Turismo Náutico e Enogastronomía. O foro estará conducido polo xornalista Pedro Piqueras. Das 80 prazas dispoñibles xa se cubriron a metade.

O xaponés Vissel Kobe, o Manchester United ou o Inter de Milán, no Arousa...

Ribadumia prepárase para un dos maiores eventos do ano no municipio, o Arousa Fútbol 7. Entre os equipos que se incorporan este ano salienta o Manchester United, que se medirá a outros grandes equipos como o Inter de Milán, o Benfica, o Real Madrid, O Barça e, por suposto,o Celta e o Deportivo. No AF7 tamén estará presente este ano o Vissel Kobe, do Xapón. O torneo terá lugar na fin de semana do 22, 23 e 24 de maio.

350 ximnastas de toda Galicia participan este sábado en Ribadumia no segundo torneo Grand...

Fin de semana de ximnasia rítmica en Ribadumia. O pavillón da Senra acollerá este sábado a segunda edición do Torneo Grand Jeté. Unhas 350 ximanstas procedentes de 23 clubs de toda Galicia daranse cita nesta xornada. Delas, case un cento pertencen ao club ribadumiense. Na organización prometen un gran espectáculo, no que non faltarán as sorpresas e o terror.

A Copa Aguascalientes reforza os lazos internacionais coa súa participación na Copa Ribadumia

O Salnés e México estreitan lazos a través do deporte. A delegación da Copa Aguascalientes participará activamente na próxima edición da Copa Ribadumia, converténdose nun dos grandes atractivos do torneo. A súa presenza supón un importante impulso ao carácter internacional da competición. O acordo presentado este marts vai máis alá do ámbito deportivo, xa que promove o intercambio cultural, social e formativo entre ambos territorios.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete