Canal Rías Baixas

Juan Manuel Rey aberto a negociar co BNG de Caldas

Juan Manuel Rey aberto a negociar co BNG de Caldas

CALDAS> Juan Manuel Rey aberto a negociar co BNG para reforzar a posición da esquerda en Caldas. O alcalde en funcións asegura que é cedo para falar de bipartito pero que un goberno en minoría non sería o máis recomendable. O socialista manterá tamén conversacións co PP.

Salvo unha sorpresa maiúscula, todo fai indicar que Juan Manuel Rey volverá a ser alcalde de Caldas. Os socialistas repiten como forza máis votada aínda que perden a maioría absoluta da que gozaron no anterior mandato. A pesar diso o rexedor en funcións móstrase contento co resultado.

Desta volta o PSdG de Caldas obtivo 6 concelleiros por 5 do PP e dous do Bloque, un escenario diferente ao dos últimos catro anos.

Juan Manuel Rey asegura que conversará cas outras formacións e que está aberto a negociacións co BNG.

O socialista considera que aínda é cedo para falar de un bipartito pero que un goberno en minoría non sería a mellor opción.

As negociacións comezarán nos próximos días. De confirmarse o bipartito non sería a primeira coalición entre estas dúas formacións xa que se uniron no goberno en 1995 aínda  que o acordo se rompeu no 97.

Exit mobile version