Seguimento total da folga de Nestlé en Pontecesures contra o ERE
Nova xornada de protestas dos traballadores de Nestlé en Pontecesures contra o ERE que prevé 27 despedimentos na planta. A concentración deste martes tivo lugar ás portas da fábrica coincidindo coa segunda xornada de folga indefinida. O seguimento, segundo asegura a CIG, está sendo masivo cun apoio do 100%. Dende a central insisten en que non hai causas económicas, organizativas ou produtivas que xustifiquen o ERE.
Caldas inaugura o Xardín Botánico e a Carballeira convertidos nun Museo Aberto 24/7
Caldas de Reis inaugura o Xardín Botánico e a Carballeira trala súa rehabilitación. A intervención permitiu recuperar, modernizar e poñer en valor este espazo, un dos principais atractivos turísticos da vila. A intervención foi financiada con fondos europeos e contou cun investimento de 1,4 millóns de euros.
Amicos pon en marcha un proxecto europeo medioambiental centrado no río Umia
A iniciativa inclúe limpezas e a instalación de barreiras que permitan reter plásticos. Os usuarios de Amicos terán un papel clave, como encargados de poñer en marcha e supervisar todo o proxecto. A acción vaise desenvolver no leito do río, ao seu paso polos concellos de Cambados, Meis e Caldas.
Terra Calda busca mecenas para erixir en Caldas unha estatua ao rei Afonso VII
Caldas de Reis reclama unha estatua para Afonso VII. A Asociación Cultural Terra Calda impulsa unha campaña de crowdfunding para poder construír o monumento dedicado ao monarca nado na vila, coincidindo coa celebración do 900 aniversario da súa coroación como rei. Afonso VII será nomeado Fillo Predilecto de Caldas no pleno de xuño.
Chamamento dos traballadores de Nestlé para manifestarse este sábado contra o ERE na planta...
Os traballadores de Nestlé en Pontecesures intensifican as súas protestas contra o ERE anunciado pola empresa. A compañía contempla o despedimento de 27 traballadores na planta cesureña, o 14% do persoal. Este venres, os traballadores participaron na mesa de negociación reivindicando que nesta factoría a carga de traballo non decaeu e que mesmo este verán teñen previsto a ampliación dos horarios aos sete días da semana. Para este sábado convocaron unha manifestación que atravesará o centro da vila.
Valga confía en que o futuro apeadoiro ferroviario contribúa a fixar poboación no municipio
Valga contará cun apeadoiro ferroviario. O Adif sacou a licitación a redacción do proxecto para construír esta parada no concello, na liña convencional que une A Coruña e Vigo. O orzamento é de algo máis de 200.000 euros e unha vez adxudicado o contrato terá unha duración de 39 meses. Con este anuncio, o Goberno do Estado dá cumprimento a unha demanda histórica do municipio valgués. Hoxe visitou o concello o delegado do executivo central en Galicia, Pedro Blanco.
As obras de restauración da Carballeira de Caldas encaran a súa fase final
As obras de dinamización da Carballeira de Caldas encaran a súa fase final. Hoxe visitou os traballos o subdelegado do Goberno en Pontevedra. Abel Losada recordou que o proxecto se financia cun importe de 1,45 millóns de euros adxudicados polo Ministerio de Industria.
SOS Sanidade Pública pon a Catoira como exemplo de loita veciñal en defensa da...
Mobilización da Plataforma SOS Sanidade Pública do Salnés en Catoira. A concentración tivo lugar ás portas do centro de saúde da vila, con motivo do Día Mundial da Atención Primaria. Alí reivindicaron a importancia da loita social para frear os recortes e recuperar servizos perdidos. Mostra diso, defenderon, as protestas da veciñanza de Catoira, un municipio que leva moito tempo arrastrando problemas no seu ambulatorio e que está recuperando servizos.
A primeira ruta de tapas de Caldas supera todas as expectativas e repartir uns...
O mesón Bermaña coróase co primeiro premio da primeira ruta de tapas de Caldas. O evento celebrouse esta pasada fin de semana, converténdose nun gran reclamo para veciños e visitantes que se achegaron ata a vila atraídos polo proposta gastronómica. En catro xornadas repartíronse 5.000 petiscos. A organización, satisfeita coa iniciativa, avanza que haberá segunda ruta de tapas no 2027.
A Deputación reforza o transporte público dende Portas e Moraña ata Pontevedra cun servizo...
Xunta e Deputación de Pontevedra colaboran para implantar novos servizos de transporte público en Portas, Moraña e Campo Lameiro. Trátase dun proxecto piloto impulsado pola administración provincial que comezará en abril, e que busca refo rzar as conexións coa capital pontevedresa. Os servizos serán gratuítos para os usuarios e realizaranse de luns a venres.
















