Canal Rías Baixas

Nós Pobra e PSOE ábrense a entablar un novo diálogo co BNG

POBRA> Nós Pobra e Partido Socialista ábrense a entablar un novo diálogo co BNG na procura dun goberno municipal máis sólido.  O primeiro paso está dado. Recoñecer que o pleno extraordinario de outubro pasado, no que se aprobou a dedicación exclusiva da edil de Servizos Municipais e a contratación dun posto de persoal eventual, fora un erro. Unha condición indispensable para os nacionalistas para retomar as negociacións.

Tábula rasa, partindo novamente de cero. Nós Pobra e o Partido Socialista dan marcha atrás e ábrense a iniciar un novo diálogo co BNG co fin de integrar ós nacionalistas nun futurible goberno municipal. Daquela a ruptura das negociacións entre as partes producírase pola celebración dun pleno extraordinario en outubro pasado no que se aprobou a dedicación exclusiva da edil de Servizos Municipais e a contratación dun posto de persoal eventual. Unha sesión a que os nacionalistas chegaron a cualificar de antidemocrática, pedindo a súa revogación.

Agora Nós Pobra e Partido Socialista cambian de postura, sinalando que a celebración dese pleno foi un erro.

Dende o executivo bipartito tenden agora a man a nacionalistas para entablar de novo negociacións na busca dun goberno máis sólido coa maioría suficiente para poder sacar adiante tódolas súas propostas.

Exit mobile version