Canal Rías Baixas

Ribeira reclama un cuarto xulgado

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, considera que é algo necesario e urxente. Suma así a súa petición a outros órganos coma o Colexio de Avogados da Coruña que veñen realizando esta reivindicación dende hai tempo debido ó elevado volume de traballo existente.

O rexedor considera que a ampliación, a nivel estrutural tampouco suporía un excesivo gasto, xa que a actual sede xudicial dispón de espazo suficiente para poder levala cabo.

Exit mobile version