Canal Rías Baixas

Unha veciña de Boiro denuncia levar un ano agardando por unha licenza para reconstruir un muro

BOIRO> Hai preto dun ano empezaban tódolos seus quebradeiros de cabeza. O que nun primeiro momento foi algo ilusionante, a compra de varios terreos a carón da súa vivenda no lugar de Graso, na parroquia de Abanqueiro, converteuse logo en pesadelo. E todo provocado pola solicitude dunha licenza municipal para a reconstrución do muro que delimita as súas propiedades cun camiño de carro que sirve de acceso a varias parcelas.

A negativa do Concello a darlle a autorización para a obra, levou a Paz a ter que iniciar unha odisea de trámites e máis gasto.

Acusa ó Concello de trato discriminatorio, intuíndo que a única solución que lle queda ó seu problema estaría nos Xulgados.

Dende o Concello negan calquera trato discriminatorio cara ela, aludindo ós dous informes desfavorables emitidos polos técnicos municipais que nega a existencia do muro tradicional, o que lle conlevaría, para poder realizar a obra, a ter que retranquear dous metros e medio, tal como recolle o actual PXOM.

Exit mobile version