Canal Rías Baixas

Ribeira abre un expediente á empresa responsable da instalación do alumeado de Nadal

RIBEIRA> Ribeira tomará medidas contra a empresa adxudicataria do subministro e instalación do alumeado de Nadal, coa apertura dun expediente sancionador, ante os reiterados incumprimentos das condicións recollidas nos pregos que rexen este contrato.

Segundo informou o propio alcalde, Manuel Ruíz, os servizos técnicos municipais detectaron unha serie de incumprimentos que teñen que ver sobre todo cos prazos e cos elementos a instalar nos diversos lugares e parroquias, incluíndo o casco urbano.

O rexedor mostrou o seu malestar por esta situación, máxime cando o Concello fixera este ano un significativo incremento no orzamento dedicado á iluminación , máis de 11.000 euros de diferenza con respecto ó do ano pasado.

Dende o Concello pídese tamén desculpas ós veciños polo malestar ocasionado, confiando en que esta situación se poida ver regularizada nos próximos días.

Exit mobile version