Canal Rías Baixas

300 pequenos de Lousame saudaron ó Magos na recepción de Reis

LOUSAME> Os Reis chegaron tamén moi cedo a Lousame. Dende as dez e media da mañá foron recibindo ós cativos na casa da cultura da localidade pola que pasaron máis de 300 nenos.

Máis de trescentos pequenos acudiron á recepción ofrecida polos reis Magos en Lousame. Melchor, Gaspar e Baltasar saudaron ós pequenos que se achegaron ata a casa da cultura. Entregáronlles doces e lambonadas e os máis rezagados mesmo puideron deixar as cartas nuns cestos emprazados no exterior do auditorio que os paxes reais se encargaron de recoller.

Tras esta recepción na que puideron ver de preto ós Magos de Oriente e facerlle chegar os seus desexos, os nenos de Lousame teñen unha nova cita o sábado díia 7 cando se celebrará o festival de Reis. Será no polideportivo municipal a partir das cinco da tarde e haberá xogos, inchables, obradoiros e unha chocolatada. Están anotados un total de 600 cativos.

Exit mobile version