Canal Rías Baixas

Os Encontros Arqueolóxicos do Barbanza celebraranse os días 25 e 26 deste mes de febreiro

BOIRO> A concellería de Cultura, María Outeiral, foi a encargada de presentar os Encontros Arqueolóxicos do Barbanza que este ano chegan á súa dezaseis edición.

A cita será os días 25 e 26 deste mes de febreiro na casa de cultura da localidade

Entre as numerosas charlas previstas destacan a conferencia inaugural a cargo da Juan Manuel Jiménez Arenas, titulada ‘Orce. ¿Quienes somos? ¿De donde venimos?’, ou a de Marta Díaz-Zorita Bonilla e Javier Escudero Carrillo que afondará na bioarqueoloxía.

Como en tódalas edicións haberá dúas modalidades de matrícula: unha de asistencia libre e inscrición gratuíta, e outra certificada para docentes e alumnos da Universidade de Santiago cunha cota de quince euros.

Exit mobile version