Canal Rías Baixas

Aparecen restos humanos na zona sur da escavación de Cálago

VILANOVA> Que as escavacións na zona de Cálago, están a dar os seus froitos é algo incuestionable, agora ben, nin co maior dos optimismos esperaban arqueólogos e administración local que fora a dar tanto de si estes traballos. O último achado uns restos humanos que deberán analizar para ver de que ano datan.
este domingo tivo lugar a visita guiada na que varias decenas de cidadáns puideron coñecer de primeira man os traballos que se están a realizar na zona. Unha escavación na que apareceron osos humanos. O achado tivo lugar concretamente na zona sur de onde se están a levar a cabo estes traballos.
Os arqueólogos destacan que este achado tivo lugar grazas ao aviso dun veciño que participaba na visita e que revelou a aparición de osos de orixe humano que habería na citada zona.
Nunha primeira visual os profesionais sinalan que poderíamos estar ante os restos dun neno ou dun ancián, ambos de pequena estatura. Agora haberá que esperar a realización das probas pertinentes para obter algo máis de información, aínda que o que si queda claro e que a zona de Cálago aínda ten moito que dicir sobre a historia de Vilanova.

Exit mobile version