Máis de 400 proxectos pasaron xa polo Polo de Emprendemento de Vilanova
Se está pensando en emprender, saiba que no Polo de Emprendemento de Vilanova pode atopar un gran aliado. O vindeiro mes de novembro cumpriranse dous anos dende que o servizo, localizado no Pazo de Vista Real, abriu as súas portas. Neste tempo, axudaron a que 401 proxectos colleran forma, con titorías e asesoramento personalizados.
O persoal de Valoriza do servizo mancomunado de Cambados, Vilanova e Meis ameaza con...
O persoal de Valoriza, que ese encarga da recollida de lixo para a Mancomunidade do Salnés en Cambados, Vilanova e Meis anuncia protestas na defensa dos seus dereitos laborais. Reclaman un novo convenio no que as melloras que se pacten sexan incorporadas ao prego de condicións do concurso de adxudicación do servizo. Denuncian que nestes momentos teñen uns salarios moi baixos.
Gardacostas incorpora Punta Faxilda, a nova patrulleira que actuará nas rías de Arousa, Pontevedra...
O Servizo de Gardacostas conta dende hoxe cunha nova patrulleira. Vilanova de Arousa acolleu o acto de entrega, encabezado polo presidente da Xunta de Galicia. Alfonso Rueda sinalou o compromiso da Xunta con dotar ao servizo dunha frota máis moderna e eficiente. Esta é a sexta que se suma ao equipo dende o ano 2018.
As ‘Sonatas de verán’ traerán a Vilanova a Montserrat Martí Caballé, Treixadura e Luar...
Vilanova ten por diante un intenso verán de actividade cultural e lúdica. O concello desvelou este martes a programación das súas 'Sonatas de verán'. Destaca a actuación da soprano Montserrat Martí Caballé, a segunda edición do Bivalvos Fest ou unha intensa axenda para a 32º edición da Festa do Mexillón e o Berberecho. Por Vilanova tamén pasarán nas vindeiras semanas Treixadura, Luar na Lubre e grandes orquestras.
Morre un home en Cambados tras ser ferido de bala por un policía nun...
Ocorreu nunha vivenda de Corbillón contra as 6 e media da mañá deste martes. Sucedeu no marco dun operativo antidroga levado a cabo dende primeira hora en varios puntos do Salnés. Leváronse a cabo unha vintena de rexistros en Vilanova, Cambados, Ribadumia e Vilagarcía, que deixarían unha ducia de detidos. Esta operación continúa en marcha ao tempo que se abriu unha investigación para aclarar as causas do tiroteo mortal de Cambados. A familia nega que o varón tiverse relación co narcotráfico e asegura que estaba desarmado.
Baión viaxa no tempo coa novena edición da Mostra de Oficios e Tradicións que...
Cita co pasado esta fin de semana en Vilanova. Será na novena edición da Mostra de Oficios e Tradicións que organiza a Asociación O Castro, de Baión. A programación inclúe representacións de actividades como a malla, ir ao toxo ou traballos no lavadoiro. Todo nun ambiente festivo, con distintas propostas musicais e procurando a implicación da rapazada e mocidade para que nunca nos esquezamos de onde vimos.
A música dos 80 soará con máis forza ca nunca na terceira edición do...
O pazo de Vista Real acollerá o vindeiro 4 de xullo O Son de Vilanova Fest. Trátase da terceira edición deste evento que non deixa de medrar. Este ano Rafa Sánchez, de La Unión, é o cabeza de cartel. Completan a programación La década prodigiosa, Amistades Peligrosas, Pancho Vanora e Manu GZ DJ. A organización agarda superar as 3.000 persoas que se xuntaron o ano pasado.
O Salnés pon o foco na desestacionalización turística cun foro especializado
A Mancomunidade organiza o vindeiro luns en Sanxenxo un foro centrado na estratexia a seguir para seguir atraendo visitantes á comarca fóra da tempada alta. O programa inclúe catro mesas con temáticas clave para O Salnés: Xacobeo 2027, Turismo Deportivo, Turismo Náutico e Enogastronomía. O foro estará conducido polo xornalista Pedro Piqueras. Das 80 prazas dispoñibles xa se cubriron a metade.
Música, gastronomía e tractores no San Isidro O Labrego de Caleiro
Fin de semana de troula na parroquia vilanovesa de Caleiro. Este sábado vaise celebrar a Festa de San Isidro O Labrego. Unha cita na que ademais de música e gastronomía, a parroquia presume de tractores. Como é tradición, celebrarase o desfile de maquinaria, no que se agarda a participación duns vinte tractores. Na comisión tamén poñen o foco no desfile de tractores infantil, para que os máis pequenos da volta manteñan a tradición no futuro. O domingo, mentres, celebrarase a quinta Xuntanza de San Isidro nos Muíños de Currás.
Sinda salva as Festas de Caleiro: a Comisión lanza un novo vídeo viral para...
Este ano fixéronse agardar, pero xa están aquí. Os mozos da comisión de Festas de Caleiro, en Vilanova, xa teñen todo listo para a festa de San Isidro Labrador deste vindeiro sábado. Como xa é tradición, para desvelar o cartel publicaron a través das súas redes un vídeo. Este ano seica andaban un pouco desaparecidos, a ver se libraban de facer a festa. Ao final houbo que recorrer a unha das veciñas máis célebres da zona para dar con eles.

















