Canal Rías Baixas

Ruta teatralizada por Lousame a cargo de Senda XXI

LOUSAME> Lousame acollerá o domingo 6 de outubro a quinta edición da ruta teatralizada ‘Camiño do Mercado’. A actividade está organizada polo Concello en colaboración co colectivo Senda XXI. Para participar nela será preciso anotarse previamente na Oficina de Información Xuvenil.

A ruta teatralizada ‘Camiño do Mercado’ terá lugar o domingo 6 de outubro, a partir das dez da mañá dende o polideportivo do Sanguiñal. Constará dun percorrido duns cinco quilómetros aproximadamente por diversos espazos da parroquia de Tállara. Incluída no proxecto Mocidade en Movemento, que desenvolve o Concello coa colaboración da consellería de Política Social, busca promover un achegamento interxeracional, ó tempo que se contribúe a recuperar o noso patrimonio.

Trátase xa dunha ruta consolidada que ano tras ano vai incorporando algunha que outra novidade. Este ano incluiranse un total de cinco actuacións teatralizadas e tres musicais nas que participarán un cento de persoas.

As persoas interesadas en participar na ruta deberán inscribirse previamente na Oficina de Información Xuvenil do Concello.

Exit mobile version