Canal Rías Baixas

Os bombeiros de Boiro liberan o dedo dun mozo que quedara enganchado cunha porca

BOIRO> Os bombeiros de Boiro tiveron que realizar un operativo especial e colaborar co persoal médico do centro de saúde da localidade na retirada dunha porca a un mozo que lle quedara enganchada no dedo. Finalmente todo foi un susto e saíu sen incidente algún.

Non é o habitual, aínda que de vez en cando, os bombeiros teñen que realizar tamén este tipo de colaboracións. Neste caso a solicitude partiu do centro de saúde da localidade a onde acudiu un mozo ó que lle quedara unha porca enganchada nun dedo.

Para a retirada da peza e liberar o dedo os bombeiros tiveron que cortar primeiro a peza cunha ferramenta rotatoria tipo ‘dremel’ e, posteriormente, fixeron uso dun desaparafusador e un alicates, para acabar de retirar a peza sen causarlle dano a vítima.

O mozo puido salvar o dedo, e todo se quedou finalmente nun susto. Neste caso con final feliz.

Exit mobile version