Deteñen a tres persoas en Noia relacionadas co tráfico de drogas
A Garda Civil detivo a tres persoas en Noia por un presunto delito de tráfico de drogas. Foi no marco da denominada operación ‘Patineta’. Os detidos empregaban este tipo de vehículo para desprazarse e facer a entrega das substancias. Durante o rexistro na vivenda os axentes interviñeron diversos obxectos procedentes de roubos cometidos na zona.
Arde un camión abandonado no porto de Ribeira
Arde un camión estacionado no porto de Ribeira. Ó parecer estaba abandonado, e sobre el pesaba un embargo. Á espera do que determine a investigación, polo de agora descoñécese a posible orixe do mesmo, aínda que todo apunta a que puido ser intencionado.
Accidente mortal en Goiáns
Un mozo da Pobra de 24 anos perdía a súa vida nun accidente mortal que tiña lugar esta pasada fin de semana en Boiro. Por razóns que polo de agora se descoñecen, o vehículo que conducía saíuse da vía na rúa Principal colidindo contra a barreira de seguridade da estrada e un poste do alumeado público. A pesar dos esforzos do persoal de emerxencias que se achegou ó lugar do accidente nada se puido facer, falecendo no punto.
Tres veciñas de Rianxo logran reter a un ladrón que acababa de roubar nun...
Tres veciñas de Rianxo reteñen a un ladrón que acaba de roubar nun establecemento da localidade. As imaxes recollidas por outra veciña co seu móbil dende a fiestra da súa vivenda viralízanse, tras ser difundidas a través das redes sociais.
Desartellado un grupo criminal itinerante ó que se lle atribúen 200 roubos de móbiles
A Garda Civil e a Policía Nacional, nun operativo conxunto, desartellaron a un grupo criminal itinerante ó que lle atribúen multitude de delitos de roubo e furtos de dispositivos móbiles en toda Galicia. A investigación, realizada no marco da denominada operación Galaxia Aimalum, na que tamén participou o posto principal de Boiro, permitiu esclarecer uns 200 feitos delitivos. O valor total dos efectos subtraídos supera os 200 mil euros.
Falece un home en Meis tras unha intoxicación por monóxido
O suceso produciuse na Avenida do Médico Paz García arredor das 08:45 horas. A vítima fora revisar un xerador e foi atopada inconsciente.
Estas son as incidencias que deixou a borrasca Joseph nas comarcas das Rías Baixas
A borrasca Joseph deixa a súa pegada nas Rías Baixas. O temporal das últimas horas foi especialmente virulento na comarca de Caldas. En Cuntis o río Gallo desbordou. Tamén rebordou o Umia ao seu paso por Caldas, inundando zonas como A Tafona. En Portas, os servizos de emerxencia tiveron que rescatar un condutor atrapado nunha pista anegada. No Salnés, co Umia tamén anegando zonas en Meis ou Ribadumia, a principal incidencia foron os cortes de luz en varios puntos, así como pequenos desprendementos. Mesma situación na comarca de Pontevedra, con danos de escasa consideración.
A Garda Civil desmantela un importante punto de venda de droga en Boiro
Detidas tres persoas en Boiro, unha delas xa ingresou en prisión, no marco da operación Parvularios. Segundo a Garda Civil a detención supuxo o desmantelamento dun punto moi activo de venda de droga na comarca. Interviñéronse máis de 7 mil doses de diversas substancias estupefacientes e numerosos obxectos procedentes de roubos.
Falece un home tras caer á auga no Grove
O 112 Galicia recibiu o aviso ás 14:45 horas, a través dun particular que solicitaba asistencia para un familiar, ao que acababan de retirar da auga e que, segundo indicaba, podería estar falecido.
Pasan a disposición xudicial os tres detidos relacionados co alixo de droga na Pobra
Este mediodía pasaban a disposición xudicial no Xulgado de Muros os tres únicos detidos, polo de agora, pola descarga de cocaína desta pasada fin de semana na Pobra. Tres varóns de nacionalidade colombiana que ó parecer están detrás da chegada da cocaína dende Sudamérica ás nosas costas.
















