Canal Rías Baixas

Os nenos e nenas de Poio, Meis, Sanxenxo e Meaño gozaron coa visita do Apalpador

Os nenos e nenas de Poio, Meis, Sanxenxo e Meaño gozaron coa visita do Apalpador

POIO,MEIS,SANXENXO,MEAÑO> Os nenos e nenas do Salnés e Poio gozaron coa visita do Apalpador. O Pandigueiro, como tamén se lle coñece, percorreu estas vilas contando historias e cantando cos nenos e nenas. A súa visita foi promocionada pola Deputación de Pontevedra co obxectivo de que os máis pequenos coñezan as tradicións galegas e adquiran hábitos de alimentación saudables.

Os máis pequenos e pequenas dos concellos de Poio, Meis, Sanxenxo e Meaño gozaron dunha xornada entretida e educativa grazas á visita do Apalpador. A tradicional personaxe galega percorreu os catro concellos contando historias e xogando cos nenos e nenas.

Coas súas historias e cancións, o Apalpador busca que os máis pequenos aprendan a historia de Galicia, coñezan a súa contorna e aprendan a comer mellor.

E os máis pequenos demostran que quedaron coa lección aprendida.

O Apalpador, por iniciativa da Deputación de Pontevedra, está percorrendo os concellos da provincia, xunto cos seus compañeiros o Pandigueiro e o Bardo Abelardo, para compartir as súas historias cos nenos e nenas. A súa viaxe continuará ata o 4 de xaneiro.

Exit mobile version