Poio prepara un Día de Colón con festa, ambientación e divulgación para defender a...
Poio ultima os preparativos para unha nova edición do Día de Colón. Será o 8 e o 9 de maio, cunha fin de semana dirixida a divulgar a tese do Colón galego, enchendo Combarro de ambientación e todo tipo de actividades. Tamén xa coñecemos quen será o pregoeiro este ano. A apertura da festa correrá a cargo de Mundo Nores, veciño de San Salvador, recoñecendo a súa implicación dende os inicios do evento.
Acuaes calcula que a estación de bombeo de Raxó podería entrar en funcionamento nuns...
Esta actuación para solucionar os problemas de saneamento destes concellos da beira norte da ría de Pontevedra incluíu tamén outras intervencións como a ampliación da depuradora de Paxariñas, en probas dende hai uns días, ou a construción da nova estación de bombeo en Raxó, no concello de Poio. Esta infraestrutura está pensada para conectar este núcleo e o de Samieira ao ampliado e renovado sistema de depuración. A obra está finalizada, pero aínda non entrou en servizo pendente de fixar o punto de subministro para a acometida eléctrica necesaria. Dende o concello de Poio advirten que ata que isto non se produza, o municipio seguirá vertendo directamente á ría polo que urxen a súa posta en marcha. Pola súa banda, dende Acuaes aseguran que xa están a traballar no proxecto para poder realizar esta conexión á rede eléctrica. E calculan que a estación de bombeiro podería entrar en funcionamento nuns cinco meses.
O Tapea Poio segue medrando coa implicación de 23 establecementos do concello
O Tapea Poio acenderá os seus fogóns do 1 ao 17 de maio. A iniciativa segue medrando acadando nesta terceira edición os 28 petiscos e a participación de 23 establecementos de todo o concello. O certame inclúe dúas modalidades de tapas, as creativas e as tradicionais. Todas elas, a un prezo único de 4 euros. A proposta, ademais, repartirá 10.000 euros en premios.
A febre do pickleball trae a Poio este sábado un torneo internacional con equipos...
Din que é unha mestura entre bádminton, pádel e pimpón. É o pickleball, un deporte que cada vez gaña máis forza en distintos concellos das Rías Baixas, como por exemplo, en Poio. En Raxó, este vindeiro sábado, van acoller un campionato internacional no que nove clubs de distintos puntos de Galicia e Portugal medirán as súas forzas. A xornada, na que participará case un cento de deportistas forma parte da denominada Liga Atlántica de Pickleball.
Poio e Baiona asinan o seu irmandamento ao redor da figura de Colón
Os concellos de Poio e Baiona selaron hoxe o seu irmandamento turístico. Na sede da Deputación de Pontevedra, os seus alcaldes asinaron este acordo para traballar conxuntamente na protección e divulgación do Día de Colón e da Festa da Arribada. Un acordo que, explicaron, suporá un impulso para o turismo e a cultura nas Rías Baixas.
Poio promociónase de novo en Fitur coma destino único e para ‘desconectar’
Por terceiro ano consecutivo Poio conta cunha presenza destacada en Fitur. O municipio presentou este mércores a súa oferta turística nun acto no stand de Pueblos Mágicos de España. A natureza, o patrimonio, o mar e a gastronomía son os eixos dunha campaña que presenta o concello como un destino único.
Poio transforma o parque de Ánkar nunha área de xogos infantís inspirada en Cristóbal...
A rapazada de Poio xa conta cun novo espazo no municipio. Esta tarde inaugurouse o novo parque infantil de Ánkar, nun acto no que, ademais do alcalde Ángel Moldes, participou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López. A área de xogos ten un deseño temático sobre Cristóbal Colón cunha réplica da embarcación Santa María.
Os Elfos Máxicos de Poio levarán un Nadal para ‘sorprender, emocionar e encher de...
Poio xa ten preparada a programación para as festas do Nadal. Unha época na que o municipio terá uns visitantes moi especiais: os Elfos Máxicos percorrerán as distintas parroquias para sorprender á veciñanza e levar o espírito festivo a todos os recunchos. Repiten tamén as Aldeas de Nadal e a carpa de Poio Máxico, que completan unha ampla proposta para todos os públicos.
A oposición de Poio acusa a Moldes de ocultar o ‘sablazo’ no recibo da...
O Pleno do Concello de Poio aprobou o inicio do procedemento para adxudicar o novo contrato da auga. O goberno local asegura que con el se mellora a calidade no servizo. Pola contra, a oposición, denuncia que este novo contrato tradúcese nun 'sablazo'. BNG e PSOE acusan ao goberno popular de mentir e ocultar á veciñanza a 'brutal suba' das tarifas da auga e o saneamento. Hoxe, os socialistas fixeron público un documento que lles faciliou o alcalde no Pleno onde, din, quedan claras esas subas abusivas.
A Deputación financia ao 100% a mellora do acceso peonil a Combarro a través...
A Deputación de Pontevedra investirá máis de 700.000 euros na recuperación da zona de Casalvito e O Padrón, no concello de Poio. O organismo provincial financirá estre proxecto a través do Plan Extra e o +Provincia. Ademais da mellora da mobilidade e a creación dunha plataforma única, renovaranse todos os servizos e soterrarase todo o cableado.


















