A Mancomunidade do Salnés forma un novo grupo de soldadores, oficio cunha alta demanda

A Mancomunidade do Salnés, a través de seu plan integrado de emprego, segue formando soldadores. Trátase dun dos obradoiros con máis saídas laborais. Na súa quinta edición formáronse 10 novos alumnos. Como nas anteriores, a presenza feminina cada vez gaña máis peso nun sector tradicionalmente masculinizado. No conxunto das cinco edicións deste curso xa se formaron case 60 candidatos e candidatas.

A Mancomunidade do Salnés quere impulsar o turismo de caravanas nos concellos do interior...

A Mancomunidade do Salnés quere darlle un impulso ao turismo de autocaravanas. O organismo comarcal acaba de presentar un plan para crear áreas nos concellos do interior. A idea é desconxestionar os municipios costeiros fomentando este tipo de turismo en concellos como Meis, Ribadumia ou Meaño. Segundo os cálculos da Mancomunidade precisaríanse unhas 300 prazas para dar resposta a toda a demanda.

As familias de Meaño mobilízanse para reclamar que se retrase o acceso dos menores...

Mobilización en Meaño para reclamar que se retrase o acceso dos menores aos dispositivos dixitais. Co gallo do Día do Neno, a comunidade educativa dos centros do municipio concentrouse na praza do concello para dar visibilidade á alarma que existe entre as familias polo impacto das pantallas na rapazada, tanto no que se refire ao acceso a contidos non recomendados como no seu desenvolvemento social.

O GDR Salnés-Ulla-Umia mobiliza un millón de euros para o impulso de proxectos que...

Ata o vindeiro seis de abril está aberta a nova convocatoria de axudas Leader que xestiona o GDR Salnés-Ulla-Umia. Poden optar a estes fondos proxectos que favorezan o desenvolvemento de zonas rurais, que fomenten o asentamento de poboación ou xeren postos de traballo. Destes fondos pódense beneficiar empresas e autónomos, pero tamén asociacións, comunidades de montes e os propios concellos. A gran novidade desta edición é que a convocatoria pasou de dúas a tres anualidades.

O futuro Centro Loxístico Multiservizos do Salnés estará operativo antes de que remate o...

A Mancomunidade do Salnés ten preparado xa o proxecto para a reforma do que será o futuro Centro Loxístico Multiservizos. Trátase dunha infraestrutura estratéxica para a comarca que aglutinará distintos servizos mancomunados, como o parque de maquinaria ou espazos formativos. A transformación desta nave, situada no polígono de Sete Pías, está orzamentada en 600.000 euros. O organismo comarcal acaba de conseguir unha axuda da Xunta pola metade dese importe.

Aumenta o número de atencións a vítimas de violencia de xénero no CIM do...

O CIM da Mancomunidade do Salnés alerta do aumento do índice de atencións a vítimas de violencia de xénero. No 2025 acadou o 20% dos casos, fronte ao 12% do exercicio anterior. En total, o ano pasado este servizo mancomunadado atendeu unhas 2.300 consultas de mulleres. Este martes celebrouse a terceira Mesa Comarcal de Coordinación Institucional fronte á violencia de xénero.

Meaño habilita unha bolsa de aparcadoiro para sesenta vehículos en pleno centro da vila

Meaño conta cunha bolsa de aparcadoiro en pleno centro do municipio. O concello mercou un antigo viñedo que transformou nun espazo estratéxico para estacionar os vehículos, próximo a equipamentos como a casa consistorial, o centro de saúde ou o colexio As Covas. O goberno local calcula que pode acoller ao redor de 60 vehículos.

O Salnés e A China destacan os avances do último ano nas súas relacións...

A Mancomunidade do Salnés volveu organizar un encontro con representantes do tecido empresarial chinés en España. O acto tivo lugar nun restaurante do centro de Madrid, no que estiveron presentes alcaldes e concelleiros de toda a comarca.

A Mancomunidade convida en Fitur a descubrir O Salnés con calma e ‘a lume...

O turismo 'slow' centrou o paso da Mancomunidade do Salnés por Fitur. A comarca presentouse como un destino no que poder escapar da rutina e desconectar. Dende o organismo comarcal explican que este produto turístico permite ao visitante mergullarse con calma nas orixes de todo o que ofrece O Salnés.

A Mancomunidade convida ao Salnes ao embaixador da China en España para afianzar lazos...

Encontro clave entre a Mancomunidade do Salnés e o empresariado chinés no marco de Fitur. O organismo comarcal organizou un acto en Madrid ao que tamén asistiu o embaixador chinés en España. A cita serviu para seguir promocionando o destino máis alá do verán. De aí a importancia do mercado chinés, caracterizado por viaxar fóra da tempada alta. O presidente da Mancomunidade aproveitou o acto para convidar ao embaixador chinés a visitar O Salnés este ano.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete