Telmo Martín asegura que está a recibir ‘moitas felicitacións’ pola reforma da parte final...
Conta atrás en Sanxenxo para a estrea do renovado treito final do paseo marítimo de Silgar. Aínda que a data inicial para o remate dos traballos era este luns, finalmente a obra non estará rematada ata este venres. A actuación supuxo un reforzo da seguridade na balaustrada de pedra, material que agora se combina con barrotes de aceiro inoxidable. Creouse tamén unha nova escalinata na parte final do paseo e habilitáronse novas zonas axardinadas. Ao mesmo tempo, estendeuse a plataforma única nun novo treito de Silgar. O alcalde asegura que está a recibir moitas felicitacións por esta intervención por parte da veciñanza.
O Salnés presume do seu primeiro aceite de oliva
Os aceites do país foron os grandes protagonistas este venres en Sanxenxo. O Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade acolleu a quinta cata degustación de aceites de oliva virxe extra elaborados en Galicia. Unha xornada que serviu tamén para a posta de longo de Saraiba, o primeiro aceite elaborado na comarca do Salnés.
Noite de San Xoán marcada polas altas temperaturas e o risco de incendios
En todos os concellos da nosa contorna arderán esta medianoite milleiros de fogueiras. Ante as temperaturas tan elevadas que estamos a sufrir e o risco de incendios, as autoridades fan un chamamento a extremar as precaucións. Dende a Xunta piden tamén gozar da noite dun xeito sostible e respectuoso coa contorna, recollendo e reciclando os refugallos que se xeren. A conselleira de Medio Ambiente fixo este martes un chamamento á responsabilidade da cidadanía dende Sanxenxo. Neste municipio autorizáronse máis de 200 fogueiras.
Sanxenxo celebra a súa Primeira Gala de Turismo
O pazo de Quintáns acolleu a primeira Gala de Turismo de Sanxenxo
Sanxenxo recoñece o compromiso do sector coa calidade e a sostibilidade na primeira Gala...
O pazo de Quintáns acolleu o acto na que 55 establecementos e entidades recolleron o seu distintivo Sicted. Na gala tamén se fixo entrega dos premios da décimo quinta edición do Degusta Tapas cos que, por vez primeira, se distinguiron os establecementos e petiscos gañadores.
A Policía Local de Sanxenxo e a Garda Civil reforzarán a súa cooperación durante...
Este xoves celebrouse a Xunta Local de Seguridade, na que o subdelegado do goberno comprometeuse a incrementar a presenza da benemérita en datas clave no municipio en eventos masivos. No encontro tamén se destacou que Sanxenxo é un concello 'extremadamente seguro', cunha diminución no número de delitos de máis dun 4% no último ano.
Sanxenxo convértese en epicentro da mobilidade sostible en medios de transporte
A praza do Mar acolle dende este xoves a terceira edición dun congrso organizado polo IES Vilalogna e o CIFP Fontecarmoa. Durante dúas xornadas por aquí pasarán expertos de distintos sectores para abordar as últimas tecnoloxías da automoción. Máis de 250 alumnos de FP de Automoción de toda Galicia participan no encontro.
A Mancomunidade do Salnés rodéase de expertos para buscar as claves cara a desestacionalización...
A Mancomunidade do Salnés rodéase de expertos para buscar as claves cara a desestacionalización turística. Hoxe o Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu o Foro de Turismo, unha cita dirixida a analizar as diferentes potencialidades da zona para atraer visitantes tamén fóra da tempada alta.
Sanxenxo presume de gastronomía nunha completa edición do ‘Sanxenxo degusta Tapas’
O Sanxenxo degusta Tapas sigue medrando. 26 establecementos van partircipar este ano nesta proposta gastronómica, que acada a súa décimo quinta edición. A cita, organizada polo concello de Sanxenxo, vaise celebrar dende esta venres a ata o 7 de xuño. As tapas terán un prezo único de 4 euros.
O Salnés pon o foco na desestacionalización turística cun foro especializado
A Mancomunidade organiza o vindeiro luns en Sanxenxo un foro centrado na estratexia a seguir para seguir atraendo visitantes á comarca fóra da tempada alta. O programa inclúe catro mesas con temáticas clave para O Salnés: Xacobeo 2027, Turismo Deportivo, Turismo Náutico e Enogastronomía. O foro estará conducido polo xornalista Pedro Piqueras. Das 80 prazas dispoñibles xa se cubriron a metade.
















