O goberno central ofrece cursos en Valga para ensinar á veciñanza a facer xestións...

O programa ‘A Administración preto de ti’ chega tamén ao concello de Valga. Trátase dun proxecto do goberno central que busca ensinar á veciñanza a facer trámites a través da internet. Entre os trámites que se ensinarán a facer grazas a esta iniciativa, xestións coa Seguridade Social, dúbidas sobre pensións ou trámites xerais como o certificado electrónico ou o DNI.

O Plan Extra da Deputación de Pontevedra mobilizou 4,5 millóns de euros na comarca...

O primeiro Plan Extra da Deputación de Pontevedra mobilizou nos sete concellos da comarca de Caldas 4,5 millóns de euros. Hoxe o presidente do organismo provincial fixo balance dos proxectos que se beneficiaron destes fondos. Nun encontro en Moraña, Luis López destacou que o Plan Extra é un balón de osíxeno fundamental para os municipios de pequeno e mediano tamaño.

Os dous pasos a nivel que aínda quedan en Valga desaparecerán nun prazo máximo...

Xa están operativos en Valga os dous pasos elevados sobre as vías do tren. O ADIF investiu alí 3,5 millóns de euros para eliminar os pasos a nivel situados nos cruces cos camiños de Castiñeiras e Carracido. Na visita a esas obras, o subdelegado do goberno en Pontevedra avanzou que se van suprimir nun prazo máximo de tres os dous a nivel que aínda quedan neste concello, un deles no límite con Pontecesures e outro preto a Catoira.

16 mozos e mozas de Moraña, Valga e Portas fórmanse en técnicas forestais e...

Hoxe rematou a primeira edición do obradoiro de emprego xuvenil que organizaron de forma conxunta os concellos de Moraña, Valga e Portas. Unha iniciativa que permitiu formar a 16 mozos e mozas nos módulos de albanelería e forestal durante un ano. Grazas á parte práctica, durante este tempo levaron a cabo diversas melloras e actuacións nos tres municipios.

Valga inicia unha nova fase da rexeneración da lagoa de Porto Piñeiro coa construción...

Valga segue avanzando para facer realidade o seu proxecto de rexeneración da lagoa de Porto Piñeiro. Xa están en marcha os traballos de construción da piscina, que contan cun orzamento de algo máis de 900.000 euros. Os cartos proceden de fondos da Deputación de Pontevedra: do Plan Extra e do Plan Máis Provincia. Hoxe celebrouse o levantamento da acta de replanteo da actuación.

Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas

Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.

O rearme de Europa comeza en Valga: Urovesa prevé un incremento da demanda dun...

Urovesa ten sobre a mesa un aumento de persoal e investimentos nas súas instalacións de Valga ante o incremento da demanda. Aseguran dende a compañía que prevén aumentar a produción nun 50% 'de aquí a dous anos' polo rearme da Unión Europea e o incremento das solicitudes que está a recibir a nivel internacional. Esta mañá, en pleno debate sobre o incremento do gasto en defensa, recibiron a visita do delegado do goberno en Galicia.

A nova base contra os incendios forestais de Valga estará operativa ao longo de...

Valga contará cunha nova base de unidades operativas da loita contra o lume. Trátase dun servizo que busca favorecer a conciliación entre traballo e descanso do persoal que traballa na prevención e extinción dos incendios. Os traballos para a súa construción vanse iniciar no segundo semestre do ano, cun orzamento de preto de medio millón de euros.

Rueda encabeza o tradicional xantar do empresariado de Valga polo día de San Brais

O empresariado de Valga celebrou o seu tradicional xantar de traballo polo día de San Brais. Ao acto asistiu o presidente da Xunta, acompañado pola Conselleira do Medio Rural e o alcalde do municipio. Alfonso Rueda salientou a capacidade que ten Galicia de ter empresas competitivas ao longo de todo o territorio, poñendo como exemplo o caso do concello de Valga.

O concurso austríaco ‘Goldene note’ chega a Galicia da man do Concello de Valga

Os gañadores do concurso austríaco 'Goldene note' actuarán en Santiago grazas ao concello de Valga e ao Centro Superior de Música. Será no mes de febreiro e toda a veciñanza do municipio poderá asistir como público de balde. Este concurso é todo un fenómeno televisivo en Austria.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete