O Porto do Son revive o seu pasado castrexo cunha Feira Celta moi concorrida
Tamén no Porto do Son, a cita co pasado congregou a milleiros de visitantes na súa feira celta. O mercado artesán da Praza de España e rúas próximas foi o punto de encontro desta cita festiva na que a animación e a gastronomía fixeron gozar a tódolos que se achegaron ata a vila durante a fin de semana.
A Xunta instala na praia sonense do Cruceiro o seu primeiro refuxio inclusivo
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá no concello do Porto do Son o refuxio inclusivo instalado na praia do Cruceiro. Trátase dun proxecto piloto co que se busca dar acubillo ás persoas con problemas de mobilidade que se achegan ó areal en caso de condicións climáticas adversas. O proxecto, que conta cun orzamento duns 85 mil euros, levouse a cabo tamén nas praias da Ladeira, en Baiona, e na da Area, en Viveiro.
Galicia chega os 40 mil beneficiarios do Bono Coidado no Fogar
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca no Porto do Son o programa Bono Coidado Fogar. Facíao durante a visita ó beneficiario 40 mil deste servizo que reside nesta localidade. A Xunta márcase coma foto chegar aos 50 mil usuarios antes de que acaba a presente lexislatura.
A Xunta desenvolve traballos de prevención nas faixas secundarias en varias parroquias sonenses
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, achegouse esta mañá ó concello de O Porto do Son para supervisar os traballos que se están a levar a cabo neste municipio de cara a prevención dos lumes forestais en faixas secundarias. Cabe lembrar que no municipio sonense inclúense un total de cinco parroquias priorizadas con risco alto de incendio.
Costura e patchwork enchen de arte a casa da cultura do Porto do Son
A Casa da Cultura do Porto do Son acolleu esta fin de semana a inauguración da exposición de Patchwork, Costura e Labores de Agulla. A mostra recolle máis dun ano de traballo do alumnado que participa nos cursos que se imparte tanto en Portosín como no Porto do Son.
O Club Náutico de Portosín estrea xunta directiva
O Real Club Náutico de Portosín estrea xunta directiva. O presidente José Codesido deu a coñecer os nomes das persoas que o acompañarán nesta singradura na que destacan antigos membros con gran experiencia e novas incorporacións.
O Porto do Son volve acoller unha proba da Liga Galega de Andainas
O Porto do Son acollerá este domingo unha proba da Liga Galega de Andainas. A organización, a cargo do Club Trabandainas, agarda reunir a preto de 700 deportistas nas dúas categorías da proba que se divide nunha andaina longa e outra curta.
O Porto do Son pecha o mes de maio cun ciclo de maxia
O Porto do Son pechará o mes de maio con maxia. Os magos Vituco e Kenneth ofrecerán dous espectáculos de ilusionismo que farán as delicias de nenos e maiores. Serán o 23 e o 30 de maio.
Nace a regata Desafío Rías Baixas NB21
Nace unha nova cita velística, o Desafio Rías Baixas NB21. A regata, organizada polo Real Club Náutico Portosín e o Liceo Marítimo de Bouzas, terá lugar a última fin de semana de maio, os días 30 e 31. Estará dirixida ás categorías de Solitarios, A 2 e A3.
Portosín repite na organización do Campionato Galego de Wingfoil
Por segundo ano consecutivo as aguas da ría de Muros e Noia volverán a acoller o Campionato Galego de Wingfoil. A cita organizada polo Real Club Náutico de Portosín e a Federación Galega de Vela terá lugar esta vindeira fin de semana, 16 e 17 de maio. Na proba tomarán parte os mellores especialistas desta disciplina de gran espectacularidade.

















