Concello de Marín, Deputación e Xunta colaboran na reforma integral do pavillón do Sequelo

Concello de Marín, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia colaborarán na reforma integral do pavillón deportivo do colexio Sequelo, na vila mariñense. A actuación ten un orzamento de 725.000 euros, dos que a administración provincial achegará algo máis de 360.000, o 50% do custo total. Farao a través do plan +Provincia.

Marín fusiona o seu Día das Letras Galegas co festival Vila do Libro

Marín converterase nunha Vila do Libro esta fin de semana. O concello súmase por primeira vez a esta rede, levando ata o municipio tres xornadas de actividades variadas ao redor da lectura. Haberá charlas, presentacións, encontros con autores e obradoiros para todos os públicos. Unha programación que se fusiona coa impulsada directamente polo concello para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas

Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.

A mellora da rede de saneamento no río Lameira estará rematada a finais deste...

A Xunta avanza na mellora da rede de saneamento no río Lameira, en Marín. Trátase dunha actuación que conta cun investimento de máis de 3 millóns de euros e que beneficiará a unha poboación potencial de case 10.000 persoas. Está previsto que os traballos rematen a finais deste ano. Hoxe visitou a zona a conselleira do Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

O concello de Marín calcula que o novo auditorio estará rematado no verán de...

A alcaldesa de Marín fai balance do que foi este 2024 para a xestión municipal. María Ramallo asegura que este foi un ano de poñer en marcha obras importantes para o municipio, como o arranxo das beirarrúas da avenida de Ourense ou a intervención en Concepción Arenal. Ramallo destacou tamén os avances na construción do auditorio. Segundo a rexedora, as novas instalacións poderían estar rematadas no verán de 2025.

Acordo entre os sete concellos que beben do Lérez para crear un ente supramunicipal...

PONTEVEDRA> Acordo entre os sete concellos que beben do Lérez para buscar unha solución á xestión do abastecemento de auga. Esta mañá, representantes de...

O popular Ángel Moldes consegue maioría absoluta e remata con 27 anos de goberno...

POIO/BARRO/MARÍN> Un dos protagonistas da xornada do 28 de maio foi o candidato do Partido Popular de Poio. Ao terceiro intento Ángel Moldes acada...

MINUTO A MINUTO | #Contrastes28M

🗳️ #Contrastes28M | Programa especial EN DIRECTO 1:28 h | 🗳️ #Contrastes28M | En Moraña apenas hai movementos. O PP mantén a maioría absoluta, malia...

Que pasará na comarca de Pontevedra e en Marín tralas eleccións municipais?

Neste 2023, na comarca de Pontevedra todos os focos están postos en Poio. O municipio decide esta noite se cambia de ciclo, xa que...

ENCE recupera o seu Plan Social con 3 millóns de euros para proxectos deportivos,...

PONTEVEDRA> ENCE recupera o seu Plan Social. A compañía presentou esta mañá as bases da cuarta convocatoria desta iniciativa, dotada con tres millóns de...

REDES SOCIAIS

37,943FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete