Emotivo regreso da Guadalupe de Asorey a Tanxil

Vinte anos despois da súa retirada, a Guadalupe de Asorey volveu a Tanxil. O concello de Rianxo celebrou un acto multitudinario para inaugurar a escultura que contou coa presenza de numerosos veciños, autoridades e o Conselleiro de Cultura.

A Xunta financiará un novo obradoiro dual de emprego en Rianxo

Rianxo disporá dun obradorio dual de emprego que beneficiará a 20 veciños da localidade en situación de desemprego, que se formarán nas especialidades de pavimentos e albanelería de urbanización.

A escultura da Virxe da Guadalupe de Asorey regresará esta sábado a Tanxil

O executivo rianxeiro programou un acto público para este sábado para festexar a volta da emblemática escultura da Virxe de Guadalupe de Francisco Asorey á praia de Tanxil tras 20 anos dende a súa retirada.  

Mar pon en valor a aposta pola innovación da carpintería de ribeira nunha visita...

A Xunta de Galicia segue a potenciar a carpintería de Ribeira como un sector económico clave para a economía galega que combina o mantemento da tradición cunha actividade empresarial rendible. Así o indicou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro na súa visita a Estaleiros Catoira, exemplo de innovación e sostibilidade

O PSOE de Rianxo advirte da demora no pago a provedores

O PSOE de Rianxo esixe ó goberno maior transparencia na información sobre o pago a provedores. Os socialistas denuncian que a débeda actual ascende a preto dun millón de euros e o período medio de pago rolda os 90 días.

Emprendemento mozo en Rianxo co chiringuito Terapia

Rianxo conta este verán cunha nova oferta de ocio. Emprazado nun marco incomparable, como é a praia de Tanxil, atopámonos co Chiringuito Terapia. Está rexentado por un mozo da localidade, Ezequiell Míguez, que con tan só 17 anos decidiuse a abrir o seu propio negocio. E polo que vemos non lle está indo nada mal…

Rianxo organiza unha nova andaina solidaria en favor de SOGAPS

Rianxo organiza unha nova andaina  solidaria en favor da asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí. Será o vindeiro 22  de agosto. Todo o recadado a través das inscricións será destinado integramente á entidade.

O PSOE de Rianxo denuncia o retraso nas obras de abastecemento da Marquesa

O PSOE de Rianxo insiste na denuncia na tardanza na execución das obras de abastecemento na Marquesa, na parroquia de Asados. Os socialistas recollen o malestar da veciñanza pola paralización dos traballos e o mal estado dos viais que atravesan este núcleo. Reclámanlle ó executivo local unha solución inmediata ó problema.

Éxito total da XV Festa do Mexillón de Rianxo

Esta fin de semana tiña lugar en Rianxo unha nova edición da Festa do Mexillón. Organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo Rianxo, e coa colaboración do Concello, a cita resultou todo un éxito.

Arden catro vehículos estacionados nun taller en Araño

Os equipos de emerxencias tiveron que actuar a primeiras horas desta mañá en Rianxo nun incendio, presuntamente intencionado, que calcinou catro vehículos estacionados a carón dun taller no lugar de Pousada. A Garda Civil, en colaboración coa Policía Local, abriu unha investigación que, poucas horas despois,  deu co arresto de dúas persoas, ó parecer os presuntos causantes do mesmo.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete