Artesa, especializada no envasado e distribución de moluscos, faise co selo Galicia Calidade

A empresa Artesa, especializada en produtos do mar e situada no polígono de Barro, faise co selo de Galicia Calidade. A compañía dedícase sobre todo ao envasado e distribución de vieiras e ourizos. A dirección da empresa salienta que coa certificación do seu produto se lle está dando un valor engadido ao seu traballo. Reivindican a súa calidade e, sobre todo a orixe dos recursos cos que traballan, 100% galegos.

Barro presume de xestión coas subvencións que conseguiu para a reforma do pavillón de...

Barro goza xa do seu renovado pavillón. Na instalación deportiva acaban de mudar a cuberta. Un proxecto que contou cun orzamento duns 150.000 euros, dos que 38.000 foron unha achega da Deputación e 60.000 do Fondo de Cooperación Local. Nestes momentos nese pavillón están a instalar 135 paneis solares. Un sistema fotovoltaico que suporá un importante aforro enerxético para as arcas municipais.

Abraldes deixa a porta aberta a repetir como candidato do BNG á alcaldía de...

Xose Manuel Fernández Abraldes fai dez anos na alcaldía de Barro. O rexedor aproveitou este aniversario para facer balance da súa xestión á fronte do goberno local na última década. Di estar 'satisfeito' co logrado ata o momento, salientando todo o traballo feito para a inminente construción do novo centro de saúde e a nova depuradora. Deixa a porta aberta a repetir como candidato do BNG no 2027.

Barro instalará 135 paneis solares na cuberta do pavillón de San Antoniño

Máis de 130 paneis solares formarán parte da instalación fotovoltaica que o Concello de Barro ten previsto instalar na renovada cuberta do pavillón municipal. Unha vez completada a reforma do tellado, nos vindeiros días comezarán a instalarse eses paneis. Ademais de abastecer o propio pavillón, a instalación fotovoltaica tamén abastecerá outros edificios públicos do núcleo de San Antoniño. E cando haxa excedente, verterase á rede eléctrica que lle permitirá ao concello seguir reducindo a súa factura.

O Concello de Barro celebra a previsión da Xunta de iniciar a nova depuradora...

A EDAR figura nos orzamentos do executivo galego, cunha partida de máis de tres millóns de euros, a repartir entre o ano que vén e 2026. O goberno local destaca que este é o resultado do traballo feito dende o consistorio e que este é un gran paso para o futuro de Barro.

A provincia de Pontevedra, a máis afectada por Kirk con 300 incidencias

A de Pontevedra foi a provincia onde máis incidencias se rexistraron, unhas 300 das máis de 550 que contabilizou o 112 Galicia relacionadas con esta borrasca. Ningún concello da nosa contorna se librou do paso de Kirk, deixando danos en tódolos municipios, aínda que por fortuna, de escasa consideración. En Barro o vento provocou a caída de varios paneis do pavillón de Curro, mentres que en Poio levou por diante un chiringuito da praia de Lourido. Ademais, houbo que suspender as clases en varios centros educativos.

A ocupación de naves no viveiro de empresas do polígono de Barro, ao 100%...

O viveiro de empresas da Deputación de Pontevedra no polígono de Barro segue medrando. O goberno provincial aprobou hoxe a cesión de catro novas oficinas e outras tantas naves nestas instalacións. Ademais, decidiu prorrogar varios proxectos que se están desenvolvendo nestes momentos neste espazo. Unha ferramenta, lembran dende a Deputación, que serve para dar apoio a novos emprendedores.

Cortan máis de 900 cepas de Viña Moraima e provócanlle perdas de máis de...

Duro golpe o que sufriu a finais da semana pasada a cooperativa vitivinícola Viña Moraima, do concello de Barro. Na mañá do venres os socios atoparon cortadas máis de 900 cepas dun viñedo próximo ás súas instalacións. Algunhas delas, centenarias. Non saben quen está detrás destes feitos, que xa foron denunciados ante a Garda Civil. Cifran as perdas causadas en máis de 100.000 euros.

A Deputación estrea centro operativo no polígono de Barro, unindo Infraestruturas, parque móbil e...

> O parque de maquinaria da Deputación de Pontevedra é agora un centro operativo. Un cambio de denominación que acompaña á estrea das novas instalacións deste servizo no polígono de Barro. Trátase dunha base moderna, ampliada e renovada, que contou cun investimento de 2,75 millóns de euros. Será a sede do servizo provincial de infraestruturas, do parque móbil e do aparello loxístico da institución. O parque de maquinaria da Deputación de Pontevedra xa ten nova sede no polígono industrial de Barro. Un cambio de localización, dende a Xunqueira de Alba, que permitiu ampliar a súa función. Agora funcionará como centro operativo, como sede do servizo provincial de infraestruturas, do parque móbil e do aparello loxístico da institución. O equipamento ocupa unha parcela de 8.700 metros cadrados e para a súa construción foi preciso un investimento de 2,75 millóns de euros. Trátase dun edificio de dúas plantas con espazos polivalentes, vestiarios e oficinas, unha nave destinada a taller, un almacén central, boxes de lavado e aparcadoiro. Recordemos que a parcela que ocupaba o parque de maquinaria na Xunqueira de Alba é actualmente unha zona verde aberta á cidadanía. Para o seu acondicionamento foi precisa unha achega de máis de 1,5 millóns de euros. Ademais deste centro operativo, o polígono de Barro acolle outros servizos da Deputación de Pontevedra como un viveiro de empresas e a oficina de transformación comunitaria.

José Carlos Eirín, culpable do asasinato con aleivosía e agravante de xénero de Jéssica...

PONTEVEDRA> José Eirín, culpable do asasinato con aleivosía e agravante de xénero de Jéssica Méndez. Tras 12 horas de deliberación, este mediodía o xurado...

REDES SOCIAIS

38,989FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete