O Salnés pon o foco na desestacionalización turística cun foro especializado
A Mancomunidade organiza o vindeiro luns en Sanxenxo un foro centrado na estratexia a seguir para seguir atraendo visitantes á comarca fóra da tempada alta. O programa inclúe catro mesas con temáticas clave para O Salnés: Xacobeo 2027, Turismo Deportivo, Turismo Náutico e Enogastronomía. O foro estará conducido polo xornalista Pedro Piqueras. Das 80 prazas dispoñibles xa se cubriron a metade.
A Mancomunidade do Salnés quere impulsar o turismo de caravanas nos concellos do interior...
A Mancomunidade do Salnés quere darlle un impulso ao turismo de autocaravanas. O organismo comarcal acaba de presentar un plan para crear áreas nos concellos do interior. A idea é desconxestionar os municipios costeiros fomentando este tipo de turismo en concellos como Meis, Ribadumia ou Meaño. Segundo os cálculos da Mancomunidade precisaríanse unhas 300 prazas para dar resposta a toda a demanda.
O GDR Salnés-Ulla-Umia mobiliza un millón de euros para o impulso de proxectos que...
Ata o vindeiro seis de abril está aberta a nova convocatoria de axudas Leader que xestiona o GDR Salnés-Ulla-Umia. Poden optar a estes fondos proxectos que favorezan o desenvolvemento de zonas rurais, que fomenten o asentamento de poboación ou xeren postos de traballo. Destes fondos pódense beneficiar empresas e autónomos, pero tamén asociacións, comunidades de montes e os propios concellos. A gran novidade desta edición é que a convocatoria pasou de dúas a tres anualidades.
O alcalde da Illa acusa ao PP de posicionarse contra o novo pavillón co...
Luz verde aos orzamentos máis altos da historia da Illa de Arousa. As contas, que acaban de ser aprobadas no pleno, superan os seis millóns de euros. Saíron adiante cos votos do equipo de goberno e o 'non' da oposición. Os populares critican que se volvan subir impostos e o afán recadador do concello. Mentres, dende o executivo, lamentaron a negativa do PP a estas contas, que como principal investimento contemplan a compra de terreos para unha nova zona deportiva.
A Illa cifra en máis de 850.000 euros os danos que deixaron os temporais...
O concello da Illa quere acollerse ás axudas que puxo en marcha o goberno central logo da declaración de Zona Afectada Gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil. Entre as actuacións máis urxentes que destaca o concello, a reparación da senda do Bao e do Muelle de Pau, a consolidación dun muro en Abilleira e o arranxo da senda do Aguillón.
O futuro Centro Loxístico Multiservizos do Salnés estará operativo antes de que remate o...
A Mancomunidade do Salnés ten preparado xa o proxecto para a reforma do que será o futuro Centro Loxístico Multiservizos. Trátase dunha infraestrutura estratéxica para a comarca que aglutinará distintos servizos mancomunados, como o parque de maquinaria ou espazos formativos. A transformación desta nave, situada no polígono de Sete Pías, está orzamentada en 600.000 euros. O organismo comarcal acaba de conseguir unha axuda da Xunta pola metade dese importe.
O PSdeG reclama axudas especiais para que o sector marisqueiro ante a crise da...
O PSOE amosa a súa preocupación pola alta mortaldade do marisco nas rías galegas. Os socialistas presentaron xa varias propostas no Parlamento de Galicia para a rexeneración dos bancos marisqueiros. Pídenlle tamén á Xunta que habilite axudas 'especiais e complementarias' para que o sector poida facerlle fronte a unha situación que consideran catastrófica. Este venres mantiveron un encontro na Illa de Arousa con representantes da confraría e da OPP20.
A confraría da Illa non descarta acollerse a un cese de actividade por forza...
A confraría da Illa de Arousa tamén advirte da situación crítica que está atravesando pola alta mortaldade do marisco. A situación, di o patrón maior, non pinta nada ben, debido á baixa salinidade da auga por mor da chuvia. Nos últimos días os mergulladores recolleron das autorizacións da confraría uns 240 quilos de navallas e ameixas mortas. Dende o pósito estudan medidas, como acollerse a un cese de actividade por forza maior.
O PP insiste na retirada do plan de tráfico da Illa e o bipartito...
Pleno extraordinario na Illa, de novo co plan de mobilidade da zona residencial e as multas como protagonistas. A sesión foi forzada polo PP, que esixiu ao goberno local paralizar as sancións por erros de xestión e crear unha oficina para asesorar á veciñanza. O executivo local deféndese, reducindo eses erros a menos do 1% das 10.000 matrículas xestionadas. Cren que esta convocatoria busca por parte do PP crear máis tensión política e non aportar solucións.
A Illa avalía os estragos que deixou o lóstrego na zona de Sucavirto
Na Illa de Arousa avalían os danos que deixou na zona de Sucavirto un raio. A peor parte levouna unha vivenda que, literalmente, foi atravesada polo lóstrego. Nese momento no seu interior había dúas persoas que, de milagre, resultaron ilesas. O raio deixou desfeitas no alumeado público e mesmo levantou partes do formigón da rúa. O alcalde di que polo de agora é difícil facer unhas estimación de canto custará recuperar a normalidade na zona.

















